Novas
Regueira, durante a súa intervención hoxe no Congreso Digital Tourist  de Benidorm

Xosé Regueira defende unha fórmula similar ao Plan Único para garantir que os Fondos Next Generation cheguen eficazmente aos concellos

O vicepresidente, que participou esta mañá no Congreso Digital Tourist de Benidorm, centrou a súa intervención nos eixos claramente enfocados á transición enérxetica e dixital que se inclúen nos Plans de Sostibilidade Turística en Destino do Eume e de Ortegal, e nos dous da Costa da Morte que están actualmente en preparación.

Ler novas
Xosé Lois Penas, na presentación de 'Altamira Brilla'

Xosé Lois Penas: "As Torres de Altamira teñen que ser referencia na comarca, coa dimensión histórica e cultural que merecen"

"A batalla de Altamira", sinalou o deputado provincial de Patrimonio, "é un dos feitos máis importantes da historia da comarca e do país, por iso queremos que esta festa sexa vivida e sentida como propia por toda a veciñanza da zona e tamén polas persoas que queiran achegarse e participar nun encontro que quere recuperar a nosa memoria histórica”.

Ler novas
Cartel anunciador do congreso A memoria diversa

María Muíño: "O congreso 'A memoria diversa' afonda na perspectiva social, política e humana da diversidade a través de voces e movementos necesarios"

É unha das actividades de “Liberdade de ser e de sentir”, a campaña que o departamento que dirixe Muíño impulsa, co gallo do 28 de xuño, Día da diversidade sexual, para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Ler novas
O globo de promoción da Deputación da Coruña en Turexpo 2022

A Deputación da Coruña volve a Turexpo para promover o máis singular dos xeodestinos da provincia

Como novidade, a institución provincial contará con servizos de publicidade corporativa desde un globo aerostático que incorpora o lema ‘A Coruña, unha provincia por descubrir’ e o logo da Deputación. “É un xeito”, explicou o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, “non só de facer atractivo o paso dos visitantes polo noso stand, senón de atraer fluxos turísticos á provincia e de fomentar o turismo de natureza combinado co turismo activo”.

Ler novas
A deputada provincial de Igualdade, María Muíño

A Deputación destina máis de 400.000 euros a 45 entidades que traballan no desenvolvemento de políticas de igualdade e loita contra a violencia de xénero

"Desde a Deputación valoramos esta convocatoria como moi importante, porque se dirixe ao tecido asociativo que traballa en todo o territorio e tamén porque apoia programas de grande interese social que contribúen a promover e dar pasos adiante na igualdade e a eliminación do machismo e o feminicidio", sinala a deputada de Igualdade, María Muíño.
Ler novas
O vicepresidente e titular de Turismo da Deputación, Xosé Regueira

Xosé Regueira: “A volta de foros como Fevino é unha boa nova para o sector da enoloxía e tamén para o turismo”

O vicepresidente da Deputación participou esta mañá en Ferrol na inauguración do Salón Profesional do Viño, onde puxo en valor a calidade dos caldos galegos e salientou a importancia que están a cobrar os brancos lexítimos da indicación xeográfica protexida de Betanzos.

Ler novas
Couto, con Xosé Lois Vázquez, na presentación do congreso

Xurxo Couto presentou o Congreso sobre o Reino Medieval de Galiza, impulsado pola Deputación da Coruña

“Estamos firmemente convencidos da necesidade de que todas as sociedades deben coñecer o seu pasado para poder recoñecerse no presente”, sinalou o responsable provincial de Cultura. "Queremos contribuír, con humildade pero con determinación, a que a sociedade galega coñeza mellor o pasado do noso país e a historia social e política do que foi Galiza ao longo dos séculos”.

Ler novas
Regueira, durante a súa intervención na presentación do foro

Xosé Regueira avoga pola alianza entre turismo e gastronomía na promoción da marca Galiza

O vicepresidente da Deputación participou esta mañá na presentación do 'Galicia Fórum Gastronómico', que volve á Coruña en setembro tras o parón de dous anos de pandemia. Fixo un rápido repaso polos 20 anos de vida do Fórum Gastronómico lembrado que "durante estas dúas décadas pasamos dunha situación en que Galiza era coñecida por ter un produto de primeira calidade, contrastado e do que ninguén dubidaba, para pasar a ser unha terra dunha gastronomía de primeiro nivel". Un camiño, engadiu, "que non sería posible sen o cadro de cociñeiros e cociñeiras que están poñendo a cociña coruñesa e galega no circuíto internacional".

Ler novas
Couto, durante a entrevista que lle fixo hoxe a Caamaño e a Ameixeiras

Xurxo Couto: "Defendemos un modelo de política cultural que ten moi en conta o apoio á creación e aos procesos creativos, e non só ao resultuado final"

Couto lembrou que a posta en marcha das Residencias Artísticas é unha nova liña de traballo no apoio á creación, que vén unirse á convocatoria de certames. "Neste sentido", explicou, "pensamos que é fundamental que as institucións públicas creemos contextos favorables para que creadores e creadoras poidan desenvolver o seu talento e as súas propostas nas mellores condicións". Logo de coñecer de primeira man o proceso de creación e investigación no que están inmersas Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, o responsable provincial de Cultura indicou que o seu departamento está a traballar nunha "proposta que bebe da tradición e dos arquivos sonoros galegos que empregará unha linguaxe contemporánea que vai dar moito que falar nos vindeiros tempos".

Ler novas
Regueira, durante a súa intervención na mesa redonda

O equilibrio entre o litoral e o interior e a diversificación de produto, obxectivos dos proxectos que Turismo da Deputación desenvolve na Costa da Morte

Na súa intervención na mesa redonda “Mazaricos, pasado e futuro entre costa e interior”, o vicepresidente da institución provincial explicou os programas e as liñas de subvencións da Deputación que afectan territorialmente ao Concello de Mazaricos, caso das axudas aos entes de xestión, “fundamentais para a mellora da calidade e da competitividade turística”, que este ano van supor unha contía global de 252.849,58 euros.

Ler novas
Couto, cos membros da comisión avaliadora do Fondo

Xurxo Couto salienta "a alta calidade e a diversidade de enfoques e formatos" dos vinte proxectos seleccionados polo Fondo Reino de Galiza

Propostas escénicas, musicais, de edición e literatura, proxectos audiovisuais, animación en 3D, unha web sobre fortalezas, un cartafol de ilustracións e mesmo un estudo sobre tipografía medieval, entre as propostas seleccionadas nesta primeira convocatoria. "A avalancha de solicitudes recibidas indícanos que existe un tecido cultural moi interesado en crear contidos e produtos relativos ao período medieval galego", afirmou Couto.

Ler novas
Regueira e Muíño, na xuntanza celebrada esta mañá en Cabana

Xosé Regueira: "O proxecto arredor do Anllóns apostará pola gastronomía local para elaborar un produto turístico de calidade"

Deputación, concellos e técnicos mantiveron hoxe en Cabana unha nova reunión para avanzar no proxecto, que pasa a chamarse 'Os fogóns do Anllóns' e cuxas seguintes accións para acceder con garantías aos fondos Next Generation terían un custo de 2.133.000 euros, a financiar en tres exercicios. O vicepresidente provincial anunciou que se buscarán tamén liñas de financiamento para integrar o sector do produto elaborado.

Ler novas
Regueira, nunha demostración culinaria de Lolo Mosteiro promovida pola Deputación

Xosé Regueira: "A gastronomía de calidade está funcionando como unha ferramenta moi útil para dar a coñecer o territorio"

Produtos culinarios singulares e cociña de autor conforman o programa de showcookings e degustacións comentadas coas que a Deputación da Coruña participa esta fin de semana na Feira ‘Expovacaciones. Tendencias & Experiencias’.  “Este tipo de promoción baseada na oferta gastronómica", explica Regueira, "é un dos nosos puntos fortes e, como tal, estamos dando pasos firmes para desenvolver unha marca gastronómica propia, que funcione como un paraugas para produtores e produtoras agroalimentarias, para empresas de transformación e para cociña de autor ou singular”.

Ler novas
Blanco, Regueira e Varela, na presentación do proxecto

Xosé Regueira: "Traballamos nun proxecto de turismo literario que vertebre a provincia a través da literatura e a sitúe en roteiros turísticos literarios a nivel europeo"

O proxecto verá a luz o vindeiro ano, segundo o anunciou o vicepresidente provincial esta mañá durate presentación das actividades a Deputación nas que colaboran Deputación e Festiletras. A área de Turismo levará á aldea do Couto, no mes de setembro, un concerto de Baiuca, unha intervención de arte mural e un globo aerostático
Ler novas
Carril, Lourenzo e Regueira, na presentación hoxe do proxecto

Xosé Regueira: "Manuel Lourenzo é dun dos imprescindibles do teatro galego. O proxecto de publicar toda a súa obra, ademais de fermoso, é tamén necesario para a cultura e para o país"

A biblioteca provincial acolleu esta mañá a presentación dos catro primeiros volumes dos sete que recollen a obra completa de Manuel Lourenzo e na que participaron, ademais do propio dramaturgo, o vicepresidente da Deputación e o presidente da Federación Galiza Cultura, Xosé Manuel Carril

Ler novas
Regueira e Penas, na reunión que mantiveron hoxe en Ames sobre o novo proxecto da Depresión Meridiana

Xosé Regueira anuncia a posta en marcha dun novo proxecto turístico da Deputación verbo da Depresión Meridiana

O vicepresidente provincial e o alcalde de Ames, Blas García, acordaron hoxe nunha xuntanza de traballo, na que tamén participou o deputado do BNG Xosé Lois Penas, constituír as mesas de traballo para botar a andar o plan. “Este proxecto parte dun accidente xeolóxico único que serviu para configurar territorio, para configurar cultura e para configurar unha paisaxe arredor da que queremos deseñar nos vindeiros anos produtos turísticos de calidade que sexan positivos para a poboación xeral, para a poboación residente, para os sectores económicos e tamén para o turismo”, asegurou Regueira tras a reunión. 

Ler novas