Novas
Bermejo e Penas, na presentación do festival

Xose Lois Penas: “Logo do éxito da edición pasada estamos encantados de volver colaborar con Espazos Sonoros”

O responsable provincial de Patrimonio confirmou a axuda que a Deputación volverá a comprometer co festival, que se presentou esta mañá e que se celebrará entre o 3 e o 25 de setembro. O festival porá en valor lugares de distintas comarcas da Coruña como o castelo de Naraío, o mosteiro de Caaveiro, Borneiro, o Dolmen de Dombate, as Terras rosalianas ou a lagoa de Sobrado.

Ler novas
Xosé Regueira, Blas García e Ángel García, durante a firma do convenio

Xosé Regueira asinou os convenios coa Mostra de Olería de Buño e coa feira Alfaoleiros, para as que a Deputación compromete este ano 110.000 euros

A mostra malpicá contará nos orzamentos provinciais deste exercicio cunha axuda de 80.000 euros, mentres que a feira de Oleiros recibirá unha achega de 30.000 euros. “Na Deputación colaboramos desde hai anos con eventos destas características, nos que se pode incluír a Mostra do encaixe de Camariñas, tamén na Costa da Morte, cuxo impacto social, cultural e económico fan que sexan singulares”, explicou o vicepresidente.

Ler novas
Regueira, durante a su intervención no Reina Sofía

Regueira defende no Reina Sofía o traballo de Turismo da Deputación "para convertir en galerías de arte ao aire libre modelos urbanos a priori hostiles"

“Sacar a arte dos contedores culturais permite que a veciñanza conviva coa arte no seu día a día e que comece a apreciala tamén como un ben cultural accesible”, afirmou o vicepresidente provincial na súa intervención no acto de presentación, no Museo Reina Sofía de Madrid, da Placemaking Week Europe 2022, que se celebrará en Pontevedra do 27 ao 30 de setembro e no que a Deputación terá presenza cunha intervención de arte urbana e un obradoiro sobre a mellora do espazo público a través da cultura.

Ler novas
Couto, antes da súa intervención no 125 aniversario do naufraxio do 'City of Agra'

Xurxo Couto lembrou en Camelle “a importancia de manter viva a memoria”, no 125 aniversario do naufraxio do 'City of Agra'

"Estamos hoxe aquí”, dixo o responsable provincial de Cultura na súa intervención, “para facer memoria, porque conservar a memoria, verdadeiro patrimonio inmaterial, é importante para lembrar quen fomos e por iso somos". "Hoxe non só lembramos unha parte da nosa historia, senón que honramos a persoas que hai 125 anos arriscaron a vida por salvar a de doutros e mesmo os acolleron nas súas casas logo do traxedia”.

Ler novas
Xosé Lois Penas, durante a súa intervención no acto oficial

Xosé Lois Penas reivindica "a necesidade de sermos contundentes contra os delitos de odio" no Día da Diversidade

O deputado de Patrimonio apoiou "o recoñecemento aos colectivos que traballan a prol da igualdade, conformados por persoas con nomes e apelidos, con historias persoais moi duras na maioría das ocasións, mais persoas que abriron moitas portas". Penas desculpou a ausencia no acto institucional, celebrado na sede da Deputación, da responsable provincial de Igualdade, María Muíño, que non puido participar por motivos personais.

Ler novas
Xurxo Couto, cos representantes dos proxectos beneficiarios do Fondo

Xurxo Couto: "Estamos orgullosos de todos e cada un dos proxectos seleccionados polo Fondo Reino de Galiza"

“Esta nova liña de traballo", explicou o responsable provincial de Cultura, "está baseada en poñer en valor a historia que nos é propia". Couto cualificou o período medieval “como un dos períodos de máis esplendor e dos máis identitarios como pobo, polo que queremos contribuír a dalo a coñecer desde a nosa perspectiva, e superar a visión de como nolo contaron desde fóra”.

Ler novas
Xosé Regueira, durante a súa intervención hoxe na CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair

Xosé Regueira avoga pola inclusión da arte urbana nos circuítos museísticos e culturais

O vicepresidente provincial e responsable de Turismo fixo un percorrido, no marco da CM Málaga Cities & Museums International Trade Fair, pola evolución dos “museos a ceo aberto resultantes de iniciativas como o Rexenera Fest de Carballo, nacidos ao abeiro da linguaxe e de prácticas artísticas contemporáneas que xeran identidade, que conforman a memoria colectiva da veciñanza e que crean un sentimento de identificación en torno a estas pezas”.

Ler novas
Mou e Sokram, co mural que pintan no marco da feira de Turismo Cultural de Málaga

Xosé Regueira visitou o mural que Mou e Sokram pintan para a feira de turismo cultural de Málaga co apoio da Deputación Coruña

“Estamos deixando unha pegada en Málaga como exemplo de como a arte contemporánea está a crear símbolos que identifiquen e cohesionen a veciñanza nos barrios”, asegura Regueira. “A presenza da Deputación neste foro está baseada na promoción do concepto de identidade a través da arte pública e, neste sentido, tamén traemos unha parte da nosa identidade como pobo a esta cidade”.

Ler novas
A responsable provincial de Igualdade, María Muíño

María Muíño presentou ‘Integra o xénero’, o proxecto da Deputación para integrar a perspectiva de xénero de xeito real e efectivo nas políticas públicas

"Desde o departamento provincial de Igualdade", afirmou Muíño, “queremos que o proceso sexa participativo e colaborativo para que o resultado permaneza e sexa compartido por todos e todas”. “Trátase de detectar as necesidades e problemáticas coas que se atopa o persoal no seu contexto de traballo específico á hora de incluír dun xeito transversal a igualdade e a perspectiva de xénero”.
Ler novas
Couto, na presentación, en maio pasado, de xornada "Impacto positivo: unha alianza festivais-administración"

Cultura da Deputación destina case 550.000 euros á subvención de 24 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas

Xurxo Couto, defende que os festivais son "unhas ferramentas de primeiro nivel na difusión da cultura galega e tamén na achega de novos públicos para a nosa cultura”. Cineuropa, Curtocircuíto, Cinema Miúdo, O Festival de Artes Escénicas na Rúa do Concello de Betanzos, Festival Folk Sisalde de Arteixo, Carballo Interplay e Jazz Noia son algúns dos festivais que recibirán as axudas.

Ler novas
O presidente e responsable de Turismo da Deputación, Xosé Regueira

A Deputación da Coruña promociona os festivais de arte urbana da provincia na feira de Turismo Cultural de Málaga

O vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, participará cun relatorio sobre a arte contemporánea ao aire libre e a súa relación coa promoción dixital, a través de xeolocalización, apps ou códigos QR. “Unha das apostas que está a realizar a Deputación na súa estratexia de promoción turística do territorio é a do turismo cultural, neste caso a través dos festivais de arte urbana que se desenvolven na provincia da Coruña e que levamos anos apoiando” explica.
Ler novas
Couto, cos membros do xurado avaliador das propostas

Andrés Sanjurjo, Vanesa M. Sotelo, Esther F. Carrodeguas e Soraya Lema Carballo, seleccionadas para as Residencias Artísticas Mariñán de Literatura

Para o deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, "a diversidade de propostas que concorreron a esta primeira convocatoria das Residencias Artísticas Mariñán de Literatura confirma a pluralidade de temas e intereses que hai actualmente nas investigacións e na literatura de noso”. Paula Domínguez, Judith Ruso, Xerardo X. Pereiro Pérez e Abraham Pérez Fernández, foron as persoas seleccionadas para as Residencias Artísticas Mariñán na modalidade de Pensamento.

Ler novas
O responsable de Cultura da Deputación, Xurxo Couto

Cultura da Deputación da Coruña subvenciona con preto de 400.000 euros as entidades de cultura tradicional e a sectores profesionais e amadores da cultura galega

“Estas dúas liñas de axudas que se acaban de aprobar”, explica o deputado Xurxo Couto, “renovan a nosa aposta por favorecer o sector cultural en todas as súas dimensións, e moi especialmente naquelas máis directamente vinculadas á creación de emprego e mantemento de estruturas profesionais e creativas”.
Ler novas
Regueira, durante a súa intervención hoxe no Congreso Digital Tourist  de Benidorm

Xosé Regueira defende unha fórmula similar ao Plan Único para garantir que os Fondos Next Generation cheguen eficazmente aos concellos

O vicepresidente, que participou esta mañá no Congreso Digital Tourist de Benidorm, centrou a súa intervención nos eixos claramente enfocados á transición enérxetica e dixital que se inclúen nos Plans de Sostibilidade Turística en Destino do Eume e de Ortegal, e nos dous da Costa da Morte que están actualmente en preparación.

Ler novas
Xosé Lois Penas, na presentación de 'Altamira Brilla'

Xosé Lois Penas: "As Torres de Altamira teñen que ser referencia na comarca, coa dimensión histórica e cultural que merecen"

"A batalla de Altamira", sinalou o deputado provincial de Patrimonio, "é un dos feitos máis importantes da historia da comarca e do país, por iso queremos que esta festa sexa vivida e sentida como propia por toda a veciñanza da zona e tamén polas persoas que queiran achegarse e participar nun encontro que quere recuperar a nosa memoria histórica”.

Ler novas