Novas
Couto, durante a súa intervención na inauguración da mostra

Xurxo Couto defende o traballo a prol da recuperación da Memoria Histórica feito por Cultura da Deputación neste mandanto

Na súa intervención, esta mañá no Cantón Grande coruñés, o responsable provincial de Cultura lembrou todo o traballo realizado desde o departamento que dirixe en todo o proceso de recuperación do Pazo de Meirás para a cidadanía ou o proxecto 'Xeración perdida', de homenaxe aos cargos electos de todos os concellos de provincia que sufriron a represión franquista.
Ler novas
Penas, con Formoso e Rodríguez, antes da inauguración da xornada

Xosé Lois Penas: «Na área de Contratación apostamos por rebaixar as cargas administrativas e simplificar os criterios de adxudicación para incrementar a participación das pemes»

Durante o día de hoxe estase a celebrar no Teatro Colón da Coruña a xornada 'A importancia da contratación pública como motor da economía', organizada pola Deputación baixo a dirección do noso deputado. Na súa intervención está mañá, Penas insistiu «na necesidade de pensar na contratación pública de xeito estratéxico para que a economía circule, sen obviar criterios que demanda a cidadanía, como son os aspectos sociais, de igualdade e medioambientais, e prestando especial atención á creación de emprego de calidade».

Ler novas
Muíño, durante a súa intervención hoxe no comenzo da campaña polo 8M

María Muíño, no comezo da campaña de Igualdade da Deputación polo 8M: «Non podemos admitir que se sigan condenando as mulleres a traballos precarizados»

«As mulleres estamos moi fartas de que todo o que teña que ver cos nosos dereitos sexa cuestionado, obxecto dun exame constante de opinións, descualificacións e argumentación tendenciosas». Así comezou a intervención de María Muíño no acto institucional que tivo lugar esta mañá na sede da Deputación da Coruña co gaio da celebración do 8M, no que participaron tamén o vicepresidente, Xosé Regueira, e representantes de todos os grupos políticos da corporación, e ao que puxo música o dúo Fillas de Casandra.

Ler novas
Regueira, na presentación do Plan no balneario de Carballo

Xosé Regueira: «O que pretendemos con 'A Coruña termal' é facer da auga un elemento que sirva como relato turístico para o territorio»

«Este novo Plan de Sostibilidade Turística en Destino que presentamos, cuxa solicitude de capital, con cargo aos fondos europeos Next Generation, supera os dous millóns de euros, aposta polo termalismo como eixo temático que dá forma a un conxunto de actuacións enfocadas á transición verde e sostible, a mellora da eficiencia enerxética, a dixitalización e a competitividade», afirmou o vicepresidente da Deputación.
Ler novas
Muíño, durante a súa intervención no acto de apertura da segunda xornada do festival

María Muíño: «A boa acollida do Festival Rosalía vén demostrar a importancia de apostar, divulgar e crear no noso idioma»

A responsable provincial de Igualdade e de Normalización Lingüísitica participou esta mañá en Compostela na inauguración da segunda xornada do Festival Rosalía, que organiza o departamento que dirixe en colaboración co Concello de Santiago. Estivo acompañada polo seu compañeiro de grupo na Deputación e titular de Patrimonio, Xosé Lois Penas; pola nosa deputada no Parlamento galego, Mercedes Queixas; polas concelleiras da corporación compostelá Mercedes Rosón, Goretti Sanmartín e Branca Novoneyra; polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e polo presidente da AELG, Cesáreo Sánchez.
Ler novas
Os deputados provincias do BNG, no fotocol da gala

Xurxo Couto defende o modelo cultural do seu departamento na gala dos certames artísticos da Deputación

«A nosa aposta en Cultura da Deputación está baseada en eixos como a lingua, a capacidade de transformación social da cultura e o traballo desde o local cara ao universal, abranguendo todo o territorio e sempre da man dos concellos, entidades e artistas e creadoras», salientou o Couto. «Debemos», engadiu «estar orgulloso de termos unha cultura propia que nos diferencia como pobo, un pobo con talento e potencia no sector cultural, e nomeadamente, nos creadores e creadoras deste país".
Ler novas
Cartel da gala de premios culturais da Deputación

Xurxo Couto: «A gala dos premios culturais da Deputación é un dos maiores encontros do ano e recoñece o gran talento dos nosos creadores e creadoras»

Comezará ás 19 horas, con entrada de balde ata completar aforo, e reunirá as doce persoas e entidades premiadas nos certames Torrente Ballester de narrativa, Raíña Lupa de literatura xuvenil, Miguel Garcés de poesía, Castelao de banda deseñada, Luís Ksado de fotografía, Antón Fraguas de artesanía, Narf de música, Jesús Núñez de arte gráfica e Begoña Caamaño de acción cultural pola igualdade.

Ler novas
Regueira, en Madrid Fusión, con produtores e cociñeiros coruñeses

Xosé Regueira: «En Turismo da Deputación estamos facendo historia poñendo a gastronomía da Coruña ao mesmo nivel que os grandes territorios culinarios do resto do Estado»

«A estratexia turística que estamos desenvolvendo baixo a campaña 'A provincia que sabe' debe estar presente en foros deste tipo, que funcionan como circuítos moi profesionalizados e onde estamos vendo que os nosos produtos culinarios son apreciados e demandados pola súa calidade contrastada», asegurou hoxe o vicepresidente da Deputación na xornada final de Madrid Fusión.

Ler novas
Regueira, na caseta que Turismo da Deputación ten en Madrid Fusión

Xosé Regueira: «A gastronomía da provincia da Coruña está a destacar en Madrid Fusión, onde o produto gourmet e a alta cociña son o público exclusivo»

O departamento de Turismo provincial participa por primeira vez no congreso madrileño cunha casete institucional e outras con actividades para poñer en valor a cadea gastronómica, que, baixo parámetros de calidade e sustentabilidade, se agrupan no selo ‘A provincia que sabe’. A primeira destas promocións foi, hoxe, a demostración culinaria que ofreceron os cociñeiros coruñeses Iván Domínguez e Moncho Méndez no restaurante Xeito!19’20".

Ler novas
O responsable do departamento de Cultura da Deputación, Xurxo Couto

Xurxo Couto salienta o pulo económico da Rede Cultural, que este ano acada un orzamento de case dous millóns de euros

«Seguimos ofrecendo un espazo de programación artística que ten como obxectivo principal garantir unha oferta diversificada e de calidade en toda a provincia. Oriéntase, polo tanto, a favorecer a capacidade dos municipios coruñeses para desenvolveren propostas culturais para os seus veciños e veciñas», sinala o deputado. O prazo para que os concellos presenten ás solicitudes de actuacións estará aberto do 17 ao 31 de marzo.

Ler novas
A titular de Igualdade da Deputación, María Muíño

María Muíño: "Coa nova convocatoria do FONL queremos seguir contribuíndo a apoiar o traballo que desenvolven os servizos de normalización lingüística dos concellos"

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar as bases reguladoras da convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña dirixida aos concellos, agrupacións de municipios, mancomunidades e outras entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística en 2023. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 20 de febreiro.

Ler novas
Regueira, durante a súa intervención hoxe en Fitur

Regueira defende en Fitur «a posta en marcha de estratexias que equilibren os fluxos turísticos coa necesaria protección de contornas tan sensibles coma a da Fraga do Eume»

O Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'Fragas do Eume' centrou o segundo acto institucional do departamento provincial de Turismo na feira madrileña, no que, ademais do vicepresidente, tamén participaron representantes municipais dos concellos de Cabanas, Pontedeume e As Pontes. Regueira apostou a súa intervención por buscar «un turista consciente e responsable».

Ler novas
Muíño, durante a súa intervención na presentación do foro

María Muíño: "Co foro 'A Lingua e o Reino, entre Compostela e Braga' queremos promover o coñecemento e socialización colectiva e compartida do pasado, da historia propia"

Na presentación do foro, a deputada fixo fincapé na calidade do programa, que, durante os próximos seis meses, inclúe conferencias, visitas guiadas, teatro e música en ambas cidades. "Os contidos dos relatorios", sinalou, "son de extraordinaria relevancia e tratarán temas coma os nomes de lugares, a plena normalidade da lingua galego portuguesa na Baixa Idade Media, o respecto pola lírica, a construción do Reino suevo ou as estratexias para a restauración da unidade galego portuguesa".

Ler novas
Xosé Regueira, nunha edición anterior de Fitur

Xosé Regueira: "En Fitur defenderemos unha aposta política e unha estratexia turística baseadas no valor do propio e nas potencialidades do noso territorio"

"Levamos moitos anos a traballar de xeito constante priorizando a calidade sobre a cantidade, apostando claramente por iniciativas que inclúan parámetros de sustentabilidade, que poñan en valor a autenticidade do noso territorio e das e dos profesionais que traballan nel e, sobre todo, que posibiliten un retorno económico para a comunidade local", salienta o vicepresidente provincial a próposito da participación da Deputación da Coruña na vindeira edición de Fitur, que se celebrará en Madrid do 18 a 22 de xaneiro.

Ler novas