A deputada do BNG María Muíño destaca o papel do tecido social para construír un futuro en igualdade

María Muíño
María Muíño
 A deputada reuniuse, xunto co alcalde de Fene, Juventino Trigo, con representantes da Cooperativa Aventeiras
A deputada do BNG María Muíño destaca o papel do tecido social para construír un futuro en igualdade

A deputada de Igualdade, María Muíño, reuniuse coa cooperativa educativa Aventeiras no concello de Fene nunha xuntanza en que estivo acompañada polo alcalde, Juventino Trigo e as concelleiras Sandra Permuy e Ángeles Coira. Na súa intervención, Muíño destacou o papel das entidades para avanzar en igualdade e, concretamente, felicitou á Aventeiras polo seu traballo.

"As entidades sociais están a desenvolver un papel fundamental á hora de sumar en igualdade e eliminar as discriminacións, en especial, a que padecen as mulleres. Neste sentido, desde a área de Igualdade da Deputación queremos traballar man a man con todo o tecido social para construír unha sociedade máis xusta", sinalou María Muíño na súa xuntanza coa Cooperativa Aventeiras de Fene na que participaron representantes da entidade como Pablo Ovalle e Mirén Alonso.

Na xuntanza, na que tamén participaron o alcalde de Fene, Juventino Trigo, e as concelleiras Sandra Permuy e Ángeles Coira ademais da responsábel da área de Igualdade do Concello de Fene, María Carmen Martínez. A deputada nacionalista parabenizou á Cooperativa Aventeiras polo seu traballo, especialmente, polo proxecto "Lentes violetas" no que participan participan profesionais de 5 concellos, de 160 profesionais de 8 entidades e nos talleres de educación para a igualdade 240 rapazas e rapaces.

O proxecto conta co apoio da área de igualdade da Deputación da Coruña a través dunha liña de subvencións en concorrencia competitiva. Por parte da Cooperativa Aventeiras, Pablo Ovalle e Mirén Alonso, fixeron un recoñecemento da convocatoria e o apoio da área de Igualdade da Deputación da Corua e a dispoñibilidade a financiar un programa de actividade que, doutra maneira, non se podía desenvolver e quixeron tamén destacar que incluíran as cooperativas entre as entidades beneficiarias das liñas de axudas.

IMG-20201202-WA0003A Cooperativa Aventeiras centra o seu traballo na educación non formal e desenvolvemento de actividades como campamentos, proxectos de dinamización comunitaria, alternativas de ocio, educación ambiental, promoción da igualdade de xénero e fomento da participación e presenza das mulleres na vida política, económica,cultural e social.

A Deputación da Coruña, a través da área de Igualdade, concedeu un total de 298.086,73 euros entre 39 entidades da provincia da Coruña na liña de subvencións de concorrencia competitiva que convoca cada ano. Grazas a esta convocatoria desenvólvense proxectos de empoderamento e participación social, conciliación e responsabilidades compartidas, prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero, tratamento integral das persoas vítimas de violencia de xénero entre outros .
 

A deputada do BNG María Muíño destaca o papel do tecido social para construír un futuro en igualdade