TURISMO

O Xeoparque do Ortegal comeza a tomar forma

Esta mañá asinouse na Deputación o convenio que porá en marcha as primeiras actuacións para crear o futuro xeoparque.

O Xeoparque do Ortegal comeza a tomar forma

Como primeiras accións, elaborarase un plan estratéxico e haberá unha campaña de divulgación "dos valores xeolóxicos, ecolóxicos e tamén turísticos do territorio" do futuro Xeoparque do Ortegal, indicou Xosé Regueira, responsábel de Turismo da Deputación da Coruña, que ademáis explicou que se porán en marcha outras campañas de información e sensiblización da veciñanza. O convenio, que suporá un investimento de medio millón de euros, afecta aos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño. Regueira garantiu que as intervencións respectarán o entorno natural e que o plan discutirase tamén cos colectivos, asociacións e veciñas e veciños de cada un dos concellos.