TURISMO

Turismo anuncia un novo impulso na promoción do Camiño Inglés

Presentación da exposición de Xosé Yáñez sobre o Camiño Inglés.
Presentación da exposición de Xosé Yáñez sobre o Camiño Inglés.

O deputado de Turismo, Xosé Regueira, presentou na Casa Casares Quiroga diversas iniciativas para promocionar o Camiño Inglés na inauguración da exposición de debuxos de Xosé Yáñez que itinerará por diversos concellos da provincia.

Turismo anuncia un novo impulso na promoción do Camiño Inglés

Mellora da sinalización, implantación de códigos QR, edición de folletos divulgativos e guías en diferentes idiomas e a presentación do Camiño Inglés en escaparates turísticos e promocionais serán catro das accións que emprenderá o departamento de Turismo da Deputación da Coruña para divulgar o que está considerado como Primeiro Itinerario Europeo.

 

Xosé Regueira lembrou que estase a impulsar unha nova edición do Fairway en Compostela e hai poucos meses desenvolvíase o programa Primavera no Camiño.

 

A Coruña, Oroso e Carral serán os primeiros concellos que acollerán a exposición Olladas ao Camiño Inglés, a colección de augatintas de Xosé Manuel Yáñez. A mostra pódese ver estes días na Casa Museo Casares Quiroga, na Coruña. En Oroso estará aberta do 3 ao 15 de outubro; e en Carral, do 16 ao 29.