CULTURA

"Temos que contribuír a crear un imaxinario diferente arredor das mulleres"

Presentación este mércores das gañadoras do concurso de Ideas Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade.

"Temos que contribuír a crear un imaxinario diferente arredor das mulleres"

"Temos que contribuír a crear un imaxinario diferente arredor das mulleres e dos homes nesta sociedade a través de proxectos que teñan que ver coa visibilidade das mulleres e coa cultura coma un deses elementos fundamentais para construír ese imaxinario", dixo Goretti Sanmartín, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, na presentación.

 

Dez proxectos de cultura encamiñados a promover a igualdade reciben o apoio da Deputación da Coruña a través da nova convocatoria do I Premio Luísa Villalta pola Igualdade. Representantes das dez iniciativas recolleron hoxe o recoñecemento da man de Goretti Sanmartín e da deputada de Servizos Sociais, Educación e Igualdade, Ánxela Franco. Franco, destacou a “transversalidade igualdade, que actúan en todas as áreas e no territorio, incluíndo a perspectiva de xénero en todos os ámbitos da acción de goberno”.