Susana Seivane saldará "unha débeda pendente" con Zas

Susana Seivane, un dos pratos fortes da 36º Edición da Carballeira de Zas, participou da presentación apoiando á directiva do festival.

Susana Seivane saldará "unha débeda pendente" con Zas

A Deputación da Coruña representada pola súa vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, participou xunto co alcalde de Zas e tamén deputado, Manuel Muíño, na presentación do cartel e das novidades da 36º Edición da Carballeira de Zas, cita obrigada para todos os amantes do folk na primeira fin de semana de agosto (venres 2 e sábado 3).

 

A gaiteira Susana Seivane, para a que actuar na Carballeira "era unha débeda pendente", ofreceu no mesmo acto un pequeno concerto aos presentes, como adianto da súa actuación o día 2 de agosto. Neste ano, a Carballeira de Zas énchese de tradición galega grazas a artistas como Perfusión, que abrirá a festa, Susana Seivane coa súa gaita, as pandereteiras Tanxugueiras, Dakidarria ou Monoulious Dop. Ademais, o festival volverá a ofrecer a posibilidade de gozar de recoñecidos grupos do ámbito nacional, como os vascos Korrontxi e internacional, coa banda bretona Celtic Social Club e os irlandeses Fourth Moon. Rematarán a festa, o sábado de madrugada, o grupo escocés Tide Lines e o galego Baiuca. A clásica sesión vermú da Carballeira ofrecerá as actuacións de Os Farrapos, Fourth Moon, Vudú e unha regueifa con Lupe Blanco e Alba María. A Carballeira máis solidaria.

 

As entradas para o festival poderanse mercar dende hoxe mesmo na páxina www.festadacarballeira.com e a través de Ticketea, tendo un prezo de saída de 10 euros, o bono para os dous días, tarifa que se manterá durante o mes de xuño. En xullo pasará a custar 12 euros. A venda na billeteira será de 15 euros, bono de dous días.