'Suprime o Control' remata os encontros con familias en nove concellos

A iniciativa da área de Benestar Social e Igualdade diríxese a adolescentes e aos seus entornos familiares.

'Suprime o Control' remata os encontros con familias en nove concellos

O programa Suprime o Control promovido pola área de Servizos Sociais e Igualdade da Deputación da Coruña pecha agora o ciclo de encontros con familias que se desenvolveu en nove concellos e presentará en breve a curtomatraxe gañadora do concurso «Se oprime, suprime». Os concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño acolleron os encontros coas familias realizados a través do programa socioeducativo de prevención da violencia machista, Suprime o Control.

 

O programa aposta pola prevención da violencia de xénero entre adolescentes dos centros educativos públicos de secundaria da provincia da Coruña cun duplo obxectivo, dirixirse á mocidade e tamén aos seus entornos familiares. Por unha banda, Suprime o control achegouse ao alumnado de 3º e 4º da ESO a través de obradoiros coeducativos, os cales foron realizados nos meses de xaneiro, febreiro e marzo e, pola outra, implica ás familias para ofrecer coñecementos acerca dos diferentes tipos de violencia de xénero, e para dotar de pautas a nais e pais na detección e afrontamento de relacións tóxicas no seo das parellas adolescentes.

 

SUPRIMEfoto curtaCurtametraxe

Tamén no vindeiro mes verá a luz a curtametraxe realizada con motivo do concurso de microrrelatos «Se oprime, Suprime», dentro do propio programa Suprime o Control, para incentivar a creatividade do alumnado na loita contra as violencias machistas. O relato gañador versa sobre a diversidade afectivo sexual e a falta de comprensión que, en ocasións, aínda se encontra a este respecto na nosa sociedade, e foi elaborado por alumnado do CPI de Atios de Valdoviño. O programa Suprime o control xunto con Quen dixo medo? son dúas iniciativas da área de Igualdade e Servizos Sociais para concienciar e previr a violencia machista.