CULTURA

As subvencións para entidades de música popular e tradicional reparten 187.000 euros

Toxos e Froles.
Toxos e Froles.

O Real Coro Toxos e Froles, de Ferrol, con 10.000 euros, e a Banda de Música Municipal de Teo, con 5.800 euros, recibirán as maiores axudas.

As subvencións para entidades de música popular e tradicional reparten 187.000 euros

O programa de subvencións da Deputación Provincial a corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato distribuirá este ano 187.259 euros entre 69 asociacións, escolas e bandas de toda a provincia, segundo a resolución de axudas publicada este martes no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

 

O Real Coro Toxos e Froles, con 10.000 euros, e a Banda de Música de Teo, con 5.800, benefícianse das subvencións maiores. Herba Grileira e a Asociación de Santa María de Toras tamén recibirán achegas por riba dos 5.000 euros. Entidades como a Banda de Santa Cruz de Ribadulla de Vedra, Son d’Aquí, Ensino do Arte da Música, Agrupación Folclórica Santiaguiños, Escola da Cabana e Pedras Miúdas terán unha axuda de 5.000 euros cada una para adquisición de instrumentos, vestimenta e outros investimentos.

 

Documento PDF da publicación no BOP (aquí)