GALA NO COLÓN

A Rosalía máis reivindicativa

Presentación esta mañá da Gala Rosalía do próximo venres.
Presentación esta mañá da Gala Rosalía do próximo venres.

O Teatro Colón da Coruña acolle este venres 23 de febreiro un festival de música e poesía.

 

 

 

A Rosalía máis reivindicativa

A vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área Cultura, Goretti Sanmartín, presentou este martes a Gala Rosalía de Castro 2018, que terá lugar este venres 23 de febreiro (20:30 horas) no teatro Colón da Coruña, nun evento en que se exhibirá a versión máis reivindicativa e moderna da escritora.

 

Gala Rosalía 2018Na compaña da artista Xiana Lastra e co alumnado do IES Rafael Puga Ramón da Coruña, Sanmartín animou a tódolos concellos e a comunidade educativa a realizar actividades durante este mes de febreiro para “transmitir o legado e a personalidade de Rosalía”. “Rosalía foi unha muller vangardista e revolucionaria e, hoxe en día, estaría en contra da violencia de xénero, da diferencia salarial, dos abusos ou de calquera forma de acoso” concluíu a nacionalista.

 

O evento que conmemorará o nacemento de Rosalía de Castro, estará presentado pola actriz e poeta Lorena Conde, e contará coa participación de Najla Shami, Nastasia Zürcher e Abe Rábade, Tempo Catro e Xiana Lastra (A banda da Loba) na parte musical e Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta da Costa e Rosalía Fernández Rial e Anxo Angueira na poética.

 

A entrada é gratuíta, previa reserva ou recollida na billeteira. Pódense reservar nesta ligazón: http://www.teatrocolon.es/evento/gala-rosalia-de-castro/