A Residencia Elvira Bao: unha débeda histórica

residencia_universitaria_003
Inauguración este luns da Residencia.

Deputación, UDC e Concello da Coruña destacan a colaboración institucional que fixo posible este proxecto.

A Residencia Elvira Bao: unha débeda histórica

A residencia Elvira Bao está situada na praza onde se ubica o Museo Nacional de Ciencia (MUNCyT), cuxa sede, o edificio Prisma de Cristal, foi cedido tamén no seu día ao Estado. Alí cerca tamén viviu a propia Elvira Bao, unha mestra represaliada, como subliñou Goretti Sanmartín, a vicepresidenta da Deputación esta mañá na inauguración dunha infraestrutura longamente demandada, que facilitará o acceso á universidade a estudantes de fóra da cidade con recursos económicos  limitados.

 

Sanmartín incidiu na importancia da posta en marcha do complexo e afirmou que "damos un salto de xigante con esta residencia que era unha débeda histórica". 

 

A residencia universitaria da Coruña foi posible grazas a un acordo asinado coa Deputación da Coruña e o Concello da Coruña no ano 2015 para a cesión de parte de edificio do Centro Calvo Sotelo para a súa utilización como residencia universitaria. Ubicada na ala este, a residencia Elavira Bao ofrece unhas instalacións totalmente renovadas e actualizadas. É unha instalación independente, de uso exclusivo universitario, e dispón de 46 prazas: dúas en cuarto individual para o alumnado con dificultades de mobilidade cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, e 44 en cuartos dobres (non mixtos) nesta primeira fase, que chegarán a 118 prazas cando rematen as obras na súa totalidade.

 

O prezo dos cuartos oscila entre 100 e 195 euros, incluíndo os consumos de calefacción, electricidade, auga e wifi. Os universitarios terán acceso ademais ao comedor do Centro Calvo Sotelo.

 

residencia_universitaria_006

 

A Residencia Elvira Bao: unha débeda histórica