A Rede Cultural: 1.829 espectáculos

Coa lingua fóra, un dos espectáculos do programa da Rede Cultural da Deputación.
Coa lingua fóra, un dos espectáculos do programa da Rede Cultural da Deputación.

O circuito continúa medrando e nesta nova edición ofrece un total de 1.829 espectáculos e proxeccións, para o que a a área de Cultura achega un orzamento de 2.202.184 euros.

A Rede Cultural: 1.829 espectáculos

A Rede Cultural suma 146.753 euros de achega provincial con respecto ao pasado ano, o que a converte na edición con máis orzamento da historia, cun total de 2.202.184 euros na parte que achega a Deputación da Coruña. Tamén en número de espectáculos e proxeccións, o circuíto do 2019 superará aos que o precederon, chegando a 1.829 espectáculos e proxeccións. "A área de Cultura da Deputación da Coruña fixo un grande esforzo para consolidar un sector tan fundamental para a saúde da nosa cultura como é o das artes escénicas e musicais  e, desta maneira, duplicou o orzamento da Rede Cultural que ofrece unha programación de calidade en todos os concellos da provincia", sinala a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura daDeputación da Coruña,  Goretti Sanmartín Rei.

 

A resolución completa de espectáculos adxudicados na Rede Cultural para entidades: https://www.dacoruna.gal/cultura/rede-cultural/