Ramón Vilas González xa está na galería de presidentes

Acto deste venres na Deputación.
Acto deste venres na Deputación.

Un óleo de Jano Muñoz recupera a memoria de quen foi presidente da institución nos anos 1922 e 1923.

Ramón Vilas González xa está na galería de presidentes

Ramón Vilas González foi deputado provincial polo distrito Ferrol-Ortigueira nas lexislaturas de 1915 e 1919 e presidente da institución entre 1922 e 1923. Foi ademais impulsor da Asamblea de Concellos e Deputacións de Galicia de 1922. A Deputación da Coruña puxo fin hoxe a unha eiva histórica ao incorporar a imaxe de Ramón Vilas González á galería de presidentes do salón de plenos da institución. O presidente, Valentín González Formoso, e a vicepresidenta, Goretti Sanmartín Rei, presidiron o acto de recepción do cadro de Jano Muñoz. A familia de Ramón Vilas González participou da entrega do óleo. 

 

Cuadro ramon vilas 2O proceso iniciárase precisamente na homenaxe ao político e avogado Pepe Miñones, asasinado no Campo da Rata en 1936, cando foi nomeado Republicano de honra. Naquel encontro coa vicepresidenta Goretti Sanmartín Rei, a filla do represalidado, Pepe Miñones, fixo notar a ausencia do retrato do seu avó materno, o presidente Ramón Vilas González, o que iniciou o proceso de elaboración do óleo que hoxe se presentou publicamente e que pasará a formar parte da galería de presidentes.

 

Goretti Sanmartín destacou o papel de Vilas González como promotor da asemblea de concellos e deputacións de 1922 que tivo lugar no Pazo Provincial da Coruña  "en que se falou dos problemas de Galiza e se denunciou a discriminación á que estaba sometida, por exemplo, en materia de aranceis, como defendeu o propio presidente na súa intervención, nunha xuntanza en que tamén participaron figuras da nosa historia como Federico Manciñeira ou Lois Peña Novo".

 

Goretti Sanmartín agradeceu a posibilidade de recuperar unha figura esquecida e fixo fincapé na emoción do momento, en especial para a propia familia, e defendeu que "coñecer o noso pasado é necesario para construír un futuro mellor".

 

A neta de Ramón Vilas, Pilar Miñones, agradeceu á Deputación da Coruña a incorporación do retrato de seu avó, un home que, segundo dixo, "fixo o papel de pai até a súa morte".  Pola súa parte, o artista Jano Muñoz mostrouse orgulloso por "repoñer a imaxe esquecida de Ramón Vilas e facer xustiza con persoas que xestionaron os bens" e recoñeceu o papel da "Deputación por manter a memoria e da familia polo tesón".