Próximo destino: Feira Ibérica de Turismo de Portugal

Xosé Regueira na reunión con Carlos Condesso en Madrid.
Xosé Regueira na reunión con Carlos Condesso en Madrid.

Coruña será destino convidado na Guarda dos días 2 a 5 de maio.

Próximo destino: Feira Ibérica de Turismo de Portugal

O deputado Xosé Regueira pechou en FITUR o acordo para que a Deputación da Coruña sexa destino convidado na Feira Ibérica de Turismo de Portugal que se desenvolvera na Guarda dos días 2 a 5 de maio de 2019. Así o transmitiu o director do evento, Carlos Condesso, a Xosé Regueira nunha das reunións que mantivo estes días en Madrid.

 

"Coñecemos a repercusión e o alcance da feira porque a Deputación da Coruña participou na pasada edición e tivemos oportunidade de coñecer o seu funcionamento e a relevancia para o turismo da península, que a nós nos interesa especialmente. Xa daquela o contacto deu moitos froitos que agora se materializan nesta designación como destino convidado", explica o deputado Xosé Regueira desde Fitur.

 

A Feira Ibérica de Turismo (FIT), organizada pola Câmara Municipal da Guarda chega este ano a súa sexta edición. A Deputación da Coruña collerá o relevo de Salamanca como destino convidado nesta nova edición que decorrerá no Parque Urbano do Rio Diz, nun espazo que conta con  9.000 metros cadrados de área cuberta. 

 

"Un dos obxectivos da nosa presenza en Fitur é afondar nos contactos de especial interese para a promoción turística do territorio e, neste sentido, a designación como entidade convidada da FIT é unha noticia extraordinaria que prometemos aproveitar para que os xeodestinos da Coruña estean presentes con forza e se difundan nos numerosos axentes que cada ano convoca o evento punteiro do turismo en Portugal", explica Xosé Regueira.