Programa para crear emprego no ámbito rural

Pleno do pasado venres na Deputación.
Pleno do pasado venres na Deputación.

Máis do 75% das accións formativas programadas están vinculadas á obtención dun Certificado de Profesionalidade.

Programa para crear emprego no ámbito rural

O pleno da Deputación da Coruña aprobou o pasado venres, por unanimidade de todos os grupos políticos, unha nova liña do Plan de Emprego Local (PEL) dedicada a impulsar a formación e a creación de emprego nos municipios rurais da provincia.

 

O programa PEL- Emprego Sostible no Eido Rural contará cun orzamento de 5.315.739 euros, dos que o 80% proceden do Fondo Social Europeo e o restante 20% (1.063.147 euros) estará financiado con fondos propios da institución provincial.

 

Permitirá que 855 persoas dos municipios rurais da provincia (un 78% delas mulleres) realicen formación e prácticas en empresas de sectores vinculados co mundo rural como atención a persoas maiores, agricultura e gandería, forestal, carpintaría, tratamento de residuos, hostalaría, ou turismo e tamén no eido do emprendemento social en economía circular.

 

pleno marzo 1Mellora de estradas

O pleno da Deputación da Coruña acordou, tamén por unanimidade, investimentos por importe de máis de 4,3 millóns de euros para diversos proxectos de ampliación e mellora da rede provincial de estradas.

 

A comarca de Santiago concentra a metade do investimento coa aprobación en pleno das obras de ampliación e mellora da DP 7402 de Martelo a Aguasantas entre os PK 0+000 e 2+543 (Rois), cun orzamento de 1.150.071,35 euros; a primeira fase do proxecto de ampliación e mellora do trazado da DP 7802 de Roxos a Reborido entre os PK 0+000 e 3+710 (Santiago de Compostela) cun orzamento de 1.123.606,18 euros, a rehabilitación do firme da DP 2405 entre os PK 6 e 6+600 (Ordes), cun investimento de 117.105,18 euros.

 

En Costa da Morte, a Deputación aprobou o proxecto de ampliación da DP 2801 en Corcubión, que incluirá a construción dunha senda peonil entre Quenxe e o faro de Cee e que supón un investimento de 1.077.304,32 euros; así como a mellora do trazado da DP 2403 en Cerceda, cun investimento de 166.095,33 euros.