O premio Marcelino Liste distingue á Asociación Veciñal de Monte Alto (Coruña)

Presentación da segunda edición do premio, con Goretti Sanmartín.
Presentación da segunda edición do premio, con Goretti Sanmartín.
O premio Marcelino Liste distingue á Asociación Veciñal de Monte Alto (Coruña)

A segunda edición do Premio Marcelino Liste, Xustiza e Liberdade, convocado polo Foro Cívico co respaldo da Deputación da Coruña e do Concello da Coruña, distinguiu á Asociación Veciñal das Atochas-Monte Alto-A Torre, recoñecendo así a actividade dunha agrupación en defensa dos intereses veciñais e da dinamización social e cultural do barrio desde hai 41 anos. 

 

O premio rende unha homenaxe pública á traxectoria de Marcelino Liste, presidente da Federación de Asociacións Veciñais durante os últimos anos de Franquismo e a Transición, e que tivo un papel fundamental no impulso do movemento veciñal e na transformación dos barrios coruñeses.