O Premio Castelao de Banda Deseñada, para Oliver Añón

O xurado da XIII edición do Premio Castelao de Banda Deseñada
O xurado da XIII edición do Premio Castelao de Banda Deseñada.

'Canción para afundir flores no mar', en branco e negro, destacou por ser "graficamente impecable" e estar "moi ben debuxada", segundo o xurado.

O Premio Castelao de Banda Deseñada, para Oliver Añón

Canción para afundir flores no mar é a primeira obra do ilustrador e animador Oliver Añón Lema, (Barcelona, 1982). E será tamén a primeira peza publicada polo autor, residente na Coruña. O xurado, composto por María del Carmen Moreu Bibian, José Mato Fondo, Sara Prieto Puy,  Héctor  Real Arregui e Beatriz Lema -gañadora da edición anterior- e presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, concedeulle a distinción da XIII edición do Premio Castelao de Banda Deseñada por ser "graficamente impecable, moi ben debuxada, coherente, con bo uso do branco e negro". 

 

Oliver Añón naceu en Barcelona en 1982 onde estaba a súa familia emigrada, e regresou con só un ano á Coruña. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e doutorado pola Universidade de Barcelona, Añón comezou a traballar na capital catalá para produtoras e axencias. No ano 2015 regresou á Coruña onde fundou estudo propio. O premio consiste en 6.500 euros máis a publicación da obra.

 

O xurado decidiu deixar deserta a categoría destinada ao público infantil do premio.

 

añon 1

O Premio Castelao de Banda Deseñada, para Oliver Añón