POS+, un esforzo histórico

Xosé Regueira e Goretti Sanmartín no pleno do 27 de xullo.
Xosé Regueira e Goretti Sanmartín no pleno do 27 de xullo.

O Plan Único da Deputación alcanza os 182 millóns de euros de investimento nos concellos coruñeses no bienio 2017-2018.

POS+, un esforzo histórico

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña investirá 182 millóns de euros nos concellos da provincia no bienio 2017-2018. Trátase dun "investimento histórico, o maior orzamento contemplado nun plan na historia da Deputación", segundo apunta a institución provincial. É, con diferencia, o maior plan de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, xa que distribuirá entre os 93 municipios coruñeses, con criterios obxectivos e en só dúas anualidades, unha cantidade equivalente ao presuposto anual da Deputación.

 

O pleno de xullo da Deputación aprobou, por unanimidade de todos os grupos políticos, un expediente de modificación de créditos que incorpora 16 millóns aos 76 millóns de euros de orzamento inicial do POS+ deste ano, chegando así aos 92 millóns de euros en 2018. A esta cifra hai que sumarlle os 90 millóns de euros de orzamento total do POS+2017.

 

Nos seus dous anos de vida, o novo Plan Único (POS+2017 e POS+2018) da Deputación da Coruña financia a execución de preto de 800 obras de construción ou mellora de infraestruturas públicas nos 93 concellos da provincia da Coruña, contribúe a costear servizos públicos básicos como o alumeado, mantemento de viais ou a recollida de lixo, e favorece que os concellos amorticen máis de 9,5 millóns de euros da súa débeda con entidades bancarias.

 

O Plan Único baséase en tres principios fundamentais, nos que durante a súa tramitación veu insistindo o deputado nacionalista e responsábel da execución do plan, Xosé Regueira. Os tres principios son máis transparencia e obxectividade na asignación de recursos, porque o reparto de fondos non se efectúa de xeito discrecional, senón que se basea en criterios obxectivos empregados dende hai máis de dúas décadas no POS (poboación, superficie, número de parroquias e esforzo fiscal) que xeran un consenso importante entre os concellos; máis autonomía local, porque son os propios concellos, os que mellor coñecen as necesidades dos seus veciños, os que deciden cales son as súas prioridades á hora de investir os fondos que achega a Deputación; e máis saneamento financeiro, porque o plan conta con mecanismos para que os concellos podan destinar parte dos fondos a pagar facturas pendentes, reducir a súa débeda ou financiar parte do seu gasto corrente.

 

A continuación, o investimento por concello nas diferentes comarcas:

comarca Barbanzacomarca Bergantiñoscomarca Coruñacomarca Ferrolterracomarca Santiago

POS+, un esforzo histórico