Plan de Sendas Peonís: 60 novos quilómetros

Pleno do 1 de febreiro de 2019.
Pleno do 1 de febreiro de 2019.

O pleno acordou obras de mellora da seguridade vial en estradas provinciais dos concellos de As Pontes, Porto do Son, Sada e Laracha por importe de máis de 1,2 millóns de euros.

Plan de Sendas Peonís: 60 novos quilómetros

Entre as obras aprobadas hoxe figura a construción dunha nova senda peonil en Ribadeume (As Pontes), que suporá un investimento de 323.982,57 euros para a construción dun itinerario peonil de 2 metros de ancho e case un quilómetro de lonxitude, que discorrerá pola marxe dereita da estrada DP 1802, entre os puntos quilométricos 15+280 e 16+230, nun núcleo moi consolidado con edificacións a ambos lados.

 

Este investimento está enmarcado no Plan de Sendas Peonís, que comprende a execución dun total de 26 obras cun investimento global de máis de 7,5 millóns para a creación de 60 novos quilómetros de sendas e beirarrúas nas beiras das estradas dependentes da Deputación. Destas 26 obras, 21 están xa rematadas ou en execución e só 5 están en fase de licitación ou expropiación. O obxectivo do goberno é que a total dos proxectos estean prácticamente rematados ao final do mandato.