TURISMO

A nova web de Turismo reforza o papel das páxinas de promoción dos concellos

Maite Loureiro, Xose Regueira e Óscar Vázquez.
Maite Loureiro, Xose Regueira e Óscar Vázquez.

O deputado nacionalista Xosé Regueira, responsábel da área de Turismo, presentou hoxe a nova plataforma de promoción turística da Deputación como “unha ferramenta de utilidade para os concellos”.

A nova web de Turismo reforza o papel das páxinas de promoción dos concellos

A Deputación, lembrou Regueira, financiou a incorporación de persoal técnico ás oficinas de información turística en 53 dos concellos da provincia cun orzamento de 700.000 euros que se complementaron con 350.000 euros da liña de apoio a Museos e Centros de Interpretación. Neste esforzo por profesionalizar e modernizar o sector inxeriu Regueira a nova plataforma de promoción turística que está dispoñible en http://turismo.dacoruna.gal/

 

“Precisábamos unha plataforma de promoción do territorio acorde co século XXI que, ademais de ofrecer información dos distintos destinos, te a singularidade de incorporar unha intranet que nos vai permitir contacto directo entre a área de Turismo da Deputación e o persoal dos concellos para que a colaboración sexa máis eficaz", explicou Regueira, que estivo acompañado da xefa de sección, Maite Loureiro, e o técnico da empresa adxudicataria do concurso, Óscar Vázquez.

 

A web pretende amplificar as páxinas dos concellos que as teñan así como dotar desta ferramenta aos que carezan dela. A páxina ofrece unha parte pública orientada a fornecer información pública e unha interna de interacción entre o persoal técnico da Deputación e os concellos cun sistema de colaboración que se inaugura por primeira vez no sector en Galiza.