"Mulleres e innovación nas artes intermedias"

Rosa Sanchez e Goretti Sanmartin.
Rosa Sanchez e Goretti Sanmartin.

A área de Cultura da Deputación da Coruña continúa co programa "A Cultura é un dereito" coa organización das xornadas "Mulleres e innovación nas artes intermedias" que terán lugar os días 8 e 9 de abril.

"Mulleres e innovación nas artes intermedias"

A comisaria, Rosa Sánchez, destaca que a iniciativa é "un programa de xénero, unha fiestra de visibilidade para as mulleres que contribúen á cultura da innovación tecnolóxica no marco das medias artes". Como artes intermedia contémplanse "a transversalidade que articula e pon en común diferentes disciplinas artísticas conectadas a través das tecnoloxías, desde artes electrónicas á filosofía pasando por artes visuais", segundo a comisaria da actividade.

 

O primeiro dos obradoiros xira arredor da creación de vídeo poesía e está conducido por Belén Montero, directora de Versogramas. A sesión terá lugar o día 8 ás 15 horas e consistirá nun achegamento teórico-práctico á composición multimedia, de xénero, tecnoloxía e fala. Ao rematar, terá lugar un open lab-impro aberto ao público e conclusión de final do Obradoiro.

 

"Experimentación audiovisual con interfaces brandas", é o título do obradoiro de creación dixital que terá lugar o día 9 ás 15 horas impartido pola artista, investigadora e docente, María Castellanos que concluirá tamén cunha exposición aberta ao público.

 

As xornadas complétanse con instalacións, espectáculos e mesas de debate nas que está previsto que interveñan coñecidas artistas e profesionais como Margarita Ledo, María Ruído, Marta Pérez, Belén Montero ou Sonia Méndez.