Mulleres Colleiteiras avanza da man da Deputación

Ánxela Franco, coa representante de Mulleres Colleiteiras, Susana Peña.
Ánxela Franco, coa representante de Mulleres Colleiteiras, Susana Peña.

A Deputación da Coruña, achega 19.523,70 euros a un proxecto que suporá un cambio importante no proceso de produción da cooperativa xa que permitirá valorizar o aceite e incrementar, polo tanto, os ingresos producidos pola reciclaxes.

Mulleres Colleiteiras avanza da man da Deputación

"Para nós Mulleres Colleiteiras son un proxecto modélico en canto é unha iniciativa de mulleres que se autoxestionan e crean emprego e desenvolven unha actividade de indubidábel ben social xa que recollen aceite usado co fin da reciclaxe e, como ben sabemos, é unha forma de reutilizar un produto altamente contaminante", sinalou a deputada do BNG Ánxela Franco no acto de presentación do acordo esta semana. "Supón un salto cualitativo e cuantitativo porque faremos todo o proceso na nosa nave o que suporá un incremento dos ingresos co que poderán entrar máis mulleres no proxecto", apuntou a xerente da Cooperativa, Susana Peña.

 

A área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación da Coruña financia o equipamento para valorizar o aceite que recollen Mulleres Colleiteiras. A cooperativa experimentará con esta nova instalación un cambio  substancial que lle permitirá aumentar os ingresos e a participación de máis mulleres no proxecto.