Máis de tres mil participantes xa no programa 'O galego, a miña lingua propia'

Presentación do programa o pasado 1 de outubro.
Presentación do programa o pasado 1 de outubro.

O programa da Deputación da Coruña rematará a fin deste mes de novembro despois de ter visitado 43 concellos.

Máis de tres mil participantes xa no programa 'O galego, a miña lingua propia'

Até o momento, un total de 3.027 rapazas e rapaces participaron nas 79 actividades que se desenvolveron até fin do mes de outubro  en 35 concellos da Coruña. A estas cifras haberá que engadir doce actos programados neste mes de outubro que van desde o obradoiro Aula sen paredes de Rosalía Fernández Rial, ás Historias de arrepío de Paula Carballeira, á achega á música tradicional para a contemporaneidade de Davide Salvado, o obradoiro de cine de Jaione Camborda, a proposta musical e artística de Xurxo Souto, os versos "de pegatina" de Antía Otero, as mulleres da música debuxadas por Laura Romero ou o obradoiro de cine na aula de Gaitafilmes que rematará o programa o vindeiro 30 de novembro no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

 

"A experiencia está a ser moi positiva porque o programa elaborouse coa vontade de conectar coa xente máis nova e estase conseguindo. Tanto as persoas que participan, todas con moitas cualidades de comunicación co público novo, como as propias actividades están a ser de interese de mozas e mozos e están a contaxiar o interese e a vontade de usar a nosa lingua en todos os ámbitos", explica Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña.

 

Próximas citas:

MARTES 6 NOVEMBRO I CAMBRE
 
16H30 ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL I AULAS SEN PAREDES
LUGAR: IES AFONSO X O SABIO
 
LUNS 12 NOVEMBRO I OLEIROS
 
12H30 PAULA CARBALLEIRA I HISTORIAS DE ARREPÍO
LUGAR: IES NEIRA VILAS
 
MARTES 13 NOVEMBRO I PONTECESO
 
10H10 DAVIDE SALVADO I MÚSICA TRADICIONAL DESDE E PARA A CONTEMPORANEIDADE
LUGAR: IES EDUARDO PONDAL
 
11H30 DAVIDE SALVADO I MÚSICA TRADICIONAL DESDE E PARA A CONTEMPORANEIDADE
LUGAR: IES EDUARDO PONDAL
 
VENRES 16 NOVEMBRO I TEO 
 

10H45 JAIONE CAMBORDA I O OFICIO DE CINEASTA
LUGAR: IES CACHEIRAS
 
13H35 JAIONE CAMBORDA I O OFICIO DE CINEASTA
LUGAR: IES CACHEIRAS
 
LUNS 19 NOVEMBRO I SADA
 
16H10 XURXO SOUTO – SOMOS UN POBO DE ARTISTAS !
LUGAR: IES MOSTEIRÓN
 
MARTES 20 NOVEMBRO I OLEIROS
 

11H20 PAULA CARBALLEIRA I HISTORIAS DE ARREPÍO
LUGAR: IES MARÍA CASARES
 
MÉRCORES 21 NOVEMBRO I  CAMBRE 
 
10H30 ANTÍA OTERO I VERSOS EN PEGATINA.  
LUGAR: IES DAVID BUJÁN