Liña pioneira no ámbito galego para favorecer a distribución de filmes galegos

Miguel Mariño, Carlos Ares, Xabier Campos e Goretti Sanmartín.
Miguel Mariño, Carlos Ares, Xabier Campos e Goretti Sanmartín.

A Deputación destina 124.000 euros á proxección comercial de 13 películas

Liña pioneira no ámbito galego para favorecer a distribución de filmes galegos

"Un dos grandes problemas do sector audiovisual galego é a dificultade para a distribución e difusión dos contidos producidos e é nese ámbito xustamente onde quere incidir esta nova liña de axudas, que completa outras iniciativas da área de Cultura da Deputación da Coruña destinadas ao ámbito audiovisual, esencial para o fortalecemento da nosa cultura", sinala a vicepresidenta e responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei. A nova liña é pioneira a nivel galego no ámbito da distribución de contidos audiovisuais e nesta primeira edición son once as empresas distribuidoras e produtoras beneficiarias que recibirán axuda para un total de 13 filmes. As axudas cobren o investimento en marketing, publicidade, dobraxes e subtitulados ou asistencia a festivais, entre outros conceptos. A iniciativa súmase á creación do programa Visións dentro da Rede Cultural para impulsar a difusión de contidos audiovisuais na programación cultural dos concellos, de maneira especial a difusión da produción audiovisual galega,  ademais do apoio a festivais audiovisuais organizados por concellos e entidades como Curtocircuito, Cineuropa, Carballo Interplay, Mostra Curtametraxes Vila de Noia, Chanfaina Lab de San Sadurniño ou o novo festival Cinema Crianza de Ames entre os organizados polos concellos ou S8 e Freakemacine nos que promoven entidades.

 

As producións beneficiadas son:

DHOGS, ACANEA FILMS.
A BATALLA DESCOÑECIDA e O FUTURO DA MENTE, AGALLAS FILMS.
TROTE. FRIDA FILMS.
MEMORIAS DUN HOME EN PIXAMA, LADYBUG FILMS. 
A ESTACIÓN VIOLENTA, MATRIUSKA PRODUCCIÓNS.
CO VENTO e O LEÓN DORME ESTA NOITE, NUMAX. 
BEAUTIFUL BOY, Francisco Xosé Rodríguez Ordoñez. 
O DESAFÍO DO SIL, SOCIALDOCS. 
SICIXIA, VIA LACTEA FILMS.
SEA BESTS,
VISIONERS ENTERTAINMENT.
O SOÑO DE PAPÁ, XAMALÚ FILMS.