Lila de Lilith e Afrogalegas, no peche de 'Malas Linguas'

Goretti Sanmartín na presentación en outubro do programa 'Malas Linguas'
Goretti Sanmartín na presentación en outubro do programa 'Malas Linguas'

O programa conclúe cunha cuarta xornada ('Lingua e xénero) o próximo día 12 na Coruña.

Lila de Lilith e Afrogalegas, no peche de 'Malas Linguas'

Responsábeis da Libraría Lila de Lilith e do colectivo Afrogalegas contarán as súas experiencias no peche do programa Malas Linguas o próximo 12 de abril no Pazo Provincial da Coruña.

 

O programa, organizado pola Área de Cultura que dirixe Goretti Sanmartín, conclúe cunha serie de conferencias arredor da Lingua e o xénero, despois de que nas tres quendas anteriores se abordasen os seguintes temas: Lingua, discurso e políticas públicas'; 'Lingua e memoria. Transmisión familiar da lingua'; e 'Lingua, infancia e mocidade. Transmisión non familiar da lingua'.

 

A xornada comezará cunha presentación da vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, e tamén incluirá un deabte con Olga Castro, profesora de tradución da Aston University, Noemía Basanta, filóloga, e Iria Vázquez, socióloga; así como unha mesa sobre políticas lingüísticas e de xénero na que intervirán Antía P. Caramés, profesora de Socioloxía da UdC, e Ximena González, activista feminista.