O Gran Fondo Ézaro comeza en FITUR

Xosé Regueira, onte en FITUR.
Xosé Regueira, onte en FITUR.

A Deputación promociona na feira madrileña “o espectáculo ciclista máis importante de Galicia”.

O Gran Fondo Ézaro comeza en FITUR

Ante unha gran pantallas que proxectaba espectaculares imaxes da Costa da Morte, Xosé Regueira destacou onte a importancia de que a provincia da Coruña se dea a coñecer a través do deporte. “Ofrecemos un destino sustentable, cunha oferta ampla e diversa a nivel turístico, patrimonial e paisaxístico, que queremos que a xente coñeza a fondo”, apuntou o deputado responsable da área de Turismo.

 

Lendas co ciclismo coma Miguel Indurain e Perico Delgado e caras coñecidas da televisión coma Touriñán, David Amor e Federico Pérez avalaron coa súa presenza a presentación do Gran Fondo Ézaro. A proba, que percorrerá cinco concellos da Costa da Morte, celebrarase o 7 de xullo e espera reunir de novo a máis de 1.500 participantes e contar con ampla presenza internacional.