Goretti Sanmartín destaca a aposta de Cambre por facer cultura desde o POS+

Goretti Sanmartín, esta mañá co alcalde Óscar García
Goretti Sanmartín, esta mañá co alcalde Óscar García.

A vicepresidenta da Deputación visitou o concello de Cambre para coñecer o proxecto do Centro Cultural que se está a construír e que conta cun orzamento total de 1.350.000 euros.

Goretti Sanmartín destaca a aposta de Cambre por facer cultura desde o POS+

"O Plan Único, como se mostra neste caso, está a reverter tamén en melloras de infraestruturas culturais co que significará un incremento na promoción, difusión e democratización da cultura que, para nós, é un dereito de toda a veciñanza", sinalou Goretti Sanmartín na súa visita na que se reuniu co alcalde Óscar García Patiño, o responsábel da área de Cultura do Concello, Daniel Carballada (BNG) e outros membros dos grupos municipais con representación na corporación.

 

A Deputación da Coruña achega 260.000 euros a través do Plan Único ao proxecto do Centro Cultural que se está a construír. O Plan Único (POS+) destina ao Concello de Cambre arredor de tres millóns de euros. "Desde a Deputación da Coruña comprácenos apoiar un proxecto que significa un cambio importante para un concello e as persoas que o habitan como é esta iniciativa para a que Cambre destina fondos do Plan Único e que suporá un incremento no acceso á cultura co auditorio e a biblioteca especialmente mais tamén unha mellora das instalacións do Centro de Saúde", destacou Goretti Sanmartín despois da visita ao terreo en que se están a facer as prospeccións arqueolóxicas previas ao inicio da construción.

Goretti Sanmartín destaca a aposta de Cambre por facer cultura desde o POS+