Función social imprescindíbel para o benestar

Anxela Franco, con responsábeis da área de servizos sociais da Deputación.
Anxela Franco, con responsábeis da área de servizos sociais da Deputación.

Convocatorias para entidades de servizos sociais: 2 millóns e medio de euros. A área de Benestar Social publica as liñas para programas e servizos, mantemento de centros, investimentos e servizos sociosanitarios de entidades sen ánimo de lucro. 

Función social imprescindíbel para o benestar

Un total de 2.520.000 euros é o orzamento que a área de Benestar Social e Igualdade destina ás catro novas convocatorias ás que poden concorrer entidades sen ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais. Poden concorrer a axudas para programas e servizos, mantemento de centros, investimentos e servizos sociosanitarios. "Apoiamos o labor que desenvolven e traballamos da súa man para contribuír ao benestar de quen máis o precisa", sinala a deputada Ánxela Franco.

 

"Somos conscientes do importantísimo traballo que realizan as entidades do ámbito dos servizos sociais e, por iso, queremos apoiar unha función necesaria e imprescindible para garantir un maior benestar para as persoas que máis o necesitan", explica a deputada de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, a respecto das catro convocatorias destinadas a entidades sociais que este martes 12 de febreiro publica o BOP e á que se sumará proximamente a de vehículos adaptados, que se convoca por segunda vez despois de que o pasado ano distribuíra once unidades para a renovación do parque móbil das asociacións do sector.