Emma Pedreira e Yolanda Castaño, na presentación de «Vértice de Versos» este martes

O 26 de marzo ás 17:00 a Biblioteca da Deputación acollerá a proxección de 'Vértice de versos', documental de Carlos Lorenzo, cun coloquio posterior e recital con Yolanda Castaño e Emma Pedreira.

Emma Pedreira e Yolanda Castaño, na presentación de «Vértice de Versos» este martes

Despois do anuncio da publicación de Ningunha tortilla é mala, a obra de Eli Ríos, gañadora da 29 edición do Premio González Garcés da Deputación da Coruña, para conmemorar o Día da Poesía [un libro que se publica cunha ilustración na capa da tamén escritora e actriz Lorena Conde, gañadora da anterior edición do Premio González Garcés coa súa obra Entullo]; este martes, 26 de marzo, terá lugar un pase do documental 'Vértice de versos', de Carlos Lorenzo.

 

Será ás 17:00 na Biblioteca da Deputación, cun coloquio posterior e recital con Yolanda Castaño e Emma Pedreira. En Vértice de Versos, Carlos Lorenzo repasa o acontecido desde os anos noventa no universo poético do país.