Eli Ríos gaña o Premio González Garcés; e Su Garrido, o Fran Pérez "Narf"

Eli Ríos. Premio González Garcés.
Eli Rios.

A escritora Eli Ríos é a gañadora da 29ª edición do Premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña coa súa obra 'Ningunha tortilla é mala'; e a cantante Su Garrido Pombo conseguiu facerse co X Premio Fran Pérez Narf de artistas e grupos musicais da Deputación da Coruña, segundo os fallos que se coñeceron esta semana.

Eli Ríos gaña o Premio González Garcés; e Su Garrido, o Fran Pérez "Narf"

Na obra de Eli Ríos, o xurado apreciou "unha poesía pictórica e secuencial, case minimalista que xoga coa metalingüística" e nela atopa tamén "humor e a retranca que, sen romper a profundidade do texto, o alixeira". "O texto ten a capacidade de conectar un mundo que vai do detalle ao universal, mediante un xogo linguüístico no que se vale dunha estética do silencio", apunta o fallo do xurado que fala dunha obra "moi sensorial que podería resumirse como o relato da elaboración dunha tortilla sinestésica como metáfora do desexo. Sivia Penas con Subministro é a finalista do certame.


Con anterioridade, Eli Ríos gañou entre outros premios o Gonzalo López Abente (2017) con Culpable, e o Torrente Ballester da Deputación da Coruña 2017, coa obra Luns. A autora forma parte do colectivo de crítica literaria feminista A Sega. 


En canto ao X Premio Fran Pérez Narf, recaeu en Su Garrido Pombo, música e compositora, cun estilo abarca diferentes xéneros incluíndo jazz, latin, bossa ou folk. O xurado optou pola "emoción, calidade e proxecto musical" de Su Garrido Pombo e insistiu no bo nivel dos grupos que concorreron ao certame. O segundo premio foi para a banda Néboa. 

Su Garrido Pombo, tras o anuncio do Premio

Eli Ríos gaña o Premio González Garcés; e Su Garrido, o Fran Pérez "Narf"