A Deputación destina 360.000 euros a escolas de música e danza municipais

Reunión con técnicos municipais de Cultura na Deputación.
Reunión con técnicos municipais de Cultura na Deputación.

A liña de axuda ten como obxectivo garantir a formación artística en todo o territorio.

A Deputación destina 360.000 euros a escolas de música e danza municipais

Un total de 360.000 euros é o orzamento que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina nesta edición á convocatoria de subvencións a concellos para o mantemento de conservatorios, escolas de danza e música municipal. Son 30 os concellos beneficiarios que reciben axudas que van de entre 20.000 e 8.500 euros.

 

A Baña, As Pontes de García Rodríguez, Abegondo, Ames, Arzúa, Betanzos, Brión, Cabana de Bergantiños, Carballo, Carnota, Cee, Culleredo, Lousame, Melide, Mugardos, Muros, Negreira, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ortigueira, Padrón, Ponteceso, Porto do Son, Ribeira, Rois, Sada e Santiago de Compostela son os concellos que reciben axuda para os seus centros de formación artístico. Dous deles, concorreron á liña de axuda para dúas escolas formativas distintas, son o caso de Arzúa,  coa escola e o conservatorio, e Oleiros, que se presentou co centro de danza e o de música.  

 

"A área de Cultura da Deputación da Coruña inclúe a liña de apoio a conservatorios e centros de danza e música municipais no seu mapa de axudas porque consideramos fundamental promover a formación artística en todo o territorio e, ás veces, en concellos pequenos as escolas son única posibilidade de formación artística", sinala a vicepresidenta e deputada da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei. 

 

Para máis información da resolución pódese consultar a publicación no BOP: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/04/09/2019_0000002673.html