A Deputación da Coruña colabora coa terceira edición do Fisterra Blues

Acto de presentación da terceira edición do festival Fisterra Blues Experience que tivo lugar no hotel Bela Fisterra.
Acto de presentación da terceira edición do festival Fisterra Blues Experience que tivo lugar no hotel Bela Fisterra.

O Fisterra Blues Experience desenvolverase o venres 28, sábado 29 e domingo 30 de xuño.

A Deputación da Coruña colabora coa terceira edición do Fisterra Blues

No programa do Fisterra Blues participarán figuras internacionais como Rockin' Johnny Burgin (EEUU) ou Morgane Ji (Illa Reunión); destacados membros da escena estatal como Los Deltonos, Tonky Blues Band ou Quique Gómez & Curro Serrano; e grandes do blues galego como Marcos Coll Band (residente en Berlín), The Soul Jacket, Andhrea & The Black Cats, Willy & Winnie, Zeltia e Víctor Aneiros.

 

A comezos deste mes, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín Rei, interveu no acto de presentación da terceira edición do festival Fisterra Blues Experience que tivo lugar no hotel Bela Fisterra e no que tamén participaron Javier Turnes, director artístico do festival; Kuka Sar, tenente de alcalde de Fisterra; José Marcote, alcalde de Fisterra ademais do poeta Suso Bahamonde e Lucía Oca, unha das rapazas que están a participar no Blues na Escola, unha das actividades relacionadas que xa está en marcha.

 

Goretti Sanmartín destacou o interese do festival que converte Fisterra e a Costa da Morte en "capital do blues", unha condición a incorporar ás moitas cualidades que esta terra ten para ser visitada. Segundo explicou, o Fisterra Blues é un dos 63 festivais que toman parte das dúas liñas de axuda promovidas pola Deputación da Coruña e, neste caso, naceu xusto cando se estaba deseñando esta nova política de xestión de axudas públicas. "O Fisterra Blues naceu xa con esta maneira de facer política cultural, cun reparto xusto e obxectivo. Trátase dun festival novo e con identidade propia, unha maneira de ser que identifica e está a imprimir a súa marca tamén en Fisterra, con ese atinado título que mestura o topónimo co tipo de música á que se consagra o festival", afirmou.