"As coruñesas e os coruñeses deben decidir o futuro dos terreos portuarios da cidade da Coruña"

Xosé Regueira reitera a postura do Bloque respecto do futuro do bordo litoral da Coruña.

"As coruñesas e os coruñeses deben decidir o futuro dos terreos portuarios da cidade da Coruña"

"Gustaríame empezar por deixar claro que é a Deputación da Coruña, e cal é o seu orzamento,,,", dixo Xosé Regueira no debate sobre o apoio da Deputación á iniciativa da Xunta respecto dos terreos portuarios da cidade da Coruña.

 

"O que está en xogo é fundamental para o modelo de cidade, e deben ser as coruñesas e os coruñeses os que digan que queren facer cos terreos portuarios", insistiu Regueira, quen reiterou no pleno do pasado venres a postura do BNG respecto dos terreos e sinalou en que foros se debe dar o debate (Concello da Coruña e Parlamento galego) e lembrou que o BNG levará o asunto ao Parlamento.

 

O pleno da Deputación da Coruña rexeitou adherirse ao protocolo asinado entre a Autoridade Portuaria da Coruña, Portos do Estado e a Xunta de Galicia sobre os terreos de Batería, Calvo Sotelo e A Solana, no porto coruñés. Unha moción do Grupo Popular propoñía que a institución provincial participara económicamente na compra dos terreos, adheríndose ao condominio participado pola Xunta nun 51%, e contribuira a determinación dos usos aos que se dedicarán estas parcelas.