Corenta e seis entidades coruñesas de servizos sociais repartirán 767.000 euros

Xornadas de servizos sociais municipais.
Xornadas de servizos sociais municipais.

O obxectivo desta liña de axudas é colaborar coas entidades de servizos sociais que traballan nos distintos concellos da Coruña, ofrecendo servizos de especial relevancia para a poboación que máis o precisa.

Corenta e seis entidades coruñesas de servizos sociais repartirán 767.000 euros

Un total de 767.991 euros é o orzamento que a área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña destina ao tecido asociativo do sector para o mantemento das súas actividades. En total son 46 entidades sen fin de lucro ás que se benefician desta liña de axuda da Deputación da Coruña.

 

Mantemento de vivendas comunitarias, centros de día, centros ocupacionais, compelxos xerontolóxicos, vivendas tuteladas, albergues ou escolas infantís son algúns dos destinos das axudas que a Deputación da Coruña destina ao programa de apoio á entidades sen fins de lucro para o mantemento de centros de servizos sociais. En total, nesta nova edición da convocatoria, que se resolve en concorrencia competitiva con criterios obxectivos, achéganse 767.991 euros que se reparten entre as 46 entidades beneficiarias de todo o territorio.