O Consorcio Provincial Contra Incendios da Coruña avanza nos trámites para a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros

Sesión ordinaria do pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento.
Sesión ordinaria do pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento.

A comisión está presidida polo presidente do Consorcio e da Deputación, Valentín González Formoso, e integrada polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato; a secretaria da delegación provincial da Xunta, Patricia Rodríguez Franco; o director xeral de Emerxencias, Luis Menor Pérez, e a deputada provincial Ánxela Franco.

O Consorcio Provincial Contra Incendios da Coruña avanza nos trámites para a xestión directa dos parques comarcais de bombeiros

A sede da Deputación da Coruña acolleu unha sesión ordinaria do pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña no que se acordou a constitución dunha comisión de estudo, constuída por representantes políticos da institución provincial e a Xunta de Galicia e persoal técnico, que se encargará de elaborar a memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financieiros da aplicación dun modelo de xestión directa para os parques comarcais de bombeiros da provincia.

 

“Queremos que o cambio no modelo de xestión se leve a cabo con todas as garantías”, afirmou o presidente provincial, que lembrou que as conclusións da comisión constituída hoxe serán posteriormente elevadas ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, que será que autorice ou non o cambio de modelo de xestión dos parques de bombeiros coruñeses.

 

A constitución desta comisión parte da necesidade de elaborar un estudo en profundidade dos aspectos xurídicos, técnicos e económicos no que participen os servizos técnicos das administracións implicadas.