CULTURA

Comezan as recepcións institucionais a familiares de cargos públicos represaliados

Sanmartín recibiu a familiares do último alcalde republicano de Vilasantar.
Sanmartín recibiu a familiares do último alcalde republicano de Vilasantar.

Antonio Iglesias Corral foi o último alcalde republicano de Vilasantar. Foi asasinado despois polos golpistas en 1936. Lola e Santiago Iglesias Veiga, seus fillos, recibiron en agosto unha homenaxe na Deputación.

Comezan as recepcións institucionais a familiares de cargos públicos represaliados

Lola e Santiago forono recibidos pola Vicepresidenta, Goretti Sanmartín, en medio da polémica pola xestión do Pazo de Meirás por parte da Fundación Franco. "Antonio Iglesias é un exemplo da represión do franquismo, a que foi silenciada e aínda agora quere negar a Fundación Francisco Franco", sinala Goretti Sanmartín.

 

A recepción institucional ás familias de vítimas do franquismo ten como obxectivo facer públicos os nomes dos membros das corporacións municipais represaliados. En Cambre, o mes anterior, xa se homenaxeara a a Luciano Costa e José Pérez, nomes que se coñeceron grazas o proxecto Xeración perdida. A corporación de Cambre comprometeuse a estudar a posibilidade de lle pór eses nomes a algún espazo público.

 

“A represión foi brutal e é necesario botar luz sobre a súa verdadeira dimensión con investigacións como a que promovemos desde a Deputación da Coruña mais tamén coa difusión e a recuperación da nosa memoria", insistiu Sanmartín.