REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Cento vinte eventos culturais na Rede da Deputación durante o mes de agosto

Son dAqui. Grupo de baile.
Son dAqui. Grupo de baile.

Corais, bandas de música, grupos de teatro amador protagonizan o programa Alicerce.

Cento vinte eventos culturais na Rede da Deputación durante o mes de agosto

O programa Alicerce da Rede Cultura da Deputación da Coruña promove e difunde a cultura de base, de maneira especial, a música e danza tradicional que supoñen a maior parte da oferta dos 403 espectáculos que forman parte desta liña de actuacións culturais destinada a entidades e concellos. En total, só no mes de agosto, serán 120 as actuacións programadas a través da Rede Cultural para agrupacións non profesionais a través de todo o territorio dos concellos da Coruña, en especial, formando parte de programas de festas e festivais de cada localidade. Concéntranse desta maneira no mes central do verán arredor da sexta parte das 769 actuacións que o programa destinado á cultura non profesional contempla neste ano 2018 ao que a Deputación da Coruña destina un total de 653.891,70 para as solicitudes tanto de concellos como de entidades sen fins de lucro como comisións ou asociacións veciñais ou sociais. Á convocatoria presentáranse un total de 403 espectáculos de distintas disciplinas artísticas, desde teatro a danza ou música.

 

Pódese consultar axenda do programa na Rede Cultural na seguinte ligazón: https://www.dacoruna.gal/dicoruna-subtel/redcultural/agenda