Catro millóns para asentar tecido cultural

As axudas serán de até 20.000 euros no caso de conservatorios e até 10.000 euros para as escolas.
As axudas serán de até 20.000 euros no caso de conservatorios e até 10.000 euros para as escolas.

As dez liñas de axuda que a área de Cultura da Deputación da Coruña contan cun orzamento de 4.175.000 euros.

Catro millóns para asentar tecido cultural

Axudas para actividades e investimentos de entidades e agrupacións de cultura tradicional e popular, apoio a festivais organizados por concellos e entidades, subvención para o mantemento de conservatorios e escolas de música e danza dos concellos, e dúas convocatorias destinadas a empresas audiovisuais e proxectos singulares do sector privado son as dez liñas de axuda que a área de Cultura da Deputación da Coruña convoca cun orzamento de 4.175.000 euros. O prazo de presentación de propostas remata o vindeiro 15 de febreiro.

 

O BOP deste mércores 16 de xaneiro recolle a publicación de dez liñas de axudas en concorrencia competitiva da área de Cultura da Deputación da Coruña destinadas a entidades sen ánimo de lucro, concellos e empresas do sector que terán case un mes para presentar as súas iniciativas. 

 

A convocatoria pode consultarse no BOP: http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=16/01/2019

 

Entre as diferentes liñas, as destinadas a entidades públicas son as que distrubirán máis orzamentos. Estes son algúns exemplos: 

 

As entidades ou fundacións que sexan titulares de museos, centros de interpretacións ou bibliotecas ou desenvolvemento de actividades culturais optarán a unha convocatoria específica dotada con 465.000 euros que subvencionará con cantidades de 1.500 a 30.000 euros.

 

Pola súa banda, corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato contan tamén con dúas liñas de axuda, unha para actividades dotada con 480.000 euros que se distribuirán en achegas de 15.000 euros como máximo.

 

Nesta edición supera o millón de euros a liña destinada ao apoio de festivais, reservando 500.000 para os organizados por entidades sen ánimo de lucro e sumando 550.000 euros máis para subvencionar os organizados polos concellos que poderán recibir ata 100.000 euros por evento.

 

Concellos e entidades locais contan tamén cunha axuda de 360.000 euros da Deputación da Coruña co obxectivo de apoiar o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza musicais que recibirán axudas de até 20.000 euros no caso de conservatorios e até 10.000 euros para as escolas.