CULTURA

Catorce bandas e grupos arrancan na Coruña o segundo Sea Sons Festival

Presentación este xoves do Sea Sons Festival.
Presentación este xoves do Sea Sons Festival.

A segunda edición do Sea Sons Festival comeza hoxe venres (até o domingo) na Coruña coa Fundación Luís Seoane e a Maestranza como escenarios. Catorce bandas e grupos compoñen o cartel dun evento que organiza a Asociación Cultural Tres por Catro.

Catorce bandas e grupos arrancan na Coruña o segundo Sea Sons Festival

“Trátase dun encontro no que o protagonista é a diversidade musical o que levou a que xa se definira por parte de moita xente como ecléctico”, explicou onte Mari Vivas na presentación do festival, na que tamén tomaron parte, entre outras, a vicepresidenta da Deputación e deputada do BNG, Goretti Sanmartín, e o director do festival, José Francisco Saavedra. Unha proposta musical "para todos os públicos" con bandas e grupos locais, que promove novas e novos artistas, unha proposta de "ocio alternativo" con actividades e talleres en torno á música, así se presenta o Sea Sons Festival, organizado pola Asociación Cultural Tres por Catro, promotora de músicos e eventos artístico-musicais.

 

O cartel está composto polas seguintes bandas e grupos musicais: Mounqup, 
Bolboreta, Mj pérez, Proyecto Moucho, Coro vocal “Entrelas”, Senectud Sideral, 
Gardo & Neap The Irieman, Jules & The Wolf, Luix Kaf, Nortones, The Aerial Root, Carlota Perez, O Capitán Garfo e Sala 5.

 

O Sea Sons Festival é un dos moitos que reciben o apoio da Deputación da Coruña que, a través de dúas liñas de subvencións, unha para concellos e outra para entidades, destina case un millón de euros aos festivais que se desenvolven na provincia ao longo do ano. O festival inclúe unha programación para todos os públicos arredor do mar e dos océanos.

 

Cartel do Sea Sons Festival