XORNADA MULLERES E MÚSICA

Lentes lilás na música, o sábado 19 de maio no Teatro Colón

García, Sanmartín, Estévez e Domínguez, esta mañá na Deputación
Presentación do programa 'A Cultura é un Dereito' hai uns días na Deputación.

A xornada Mulleres e Música convida á participación con concertos, mesas redondas e encontros con artistas e profesionais para abordar o traballo das mulleres na música.

Lentes lilás na música, o sábado 19 de maio no Teatro Colón

Ses, Cora Novoa, Mounqup, Teresa Cuiñas, Guadi Galego, Diana López Varela, MJ Pérez ou Mar Catarina. Son algunhas das participantes na xornada Mulleres e Música, o sábado 19 de maio, promovida pola Deputación da Coruña dentro do programa A Cultura é un Dereito. O Teatro Colón abrirá as súas portas ás 11 e até a noite para acoller encontros, concertos, mesas redondas e máis, cos que abordar o traballo das mulleres no sector musical. Unha xornada aberta a profesionais e á cidadanía en xeral, para a que xa podes retirar o teu convite na web teatrocolon.es

 

Tras a inauguración, a xornada do sábado 19 abrirase cunha mesa redonda na participan unha historiadora, Lorena López Cobas, un programador, Julio Gómez co-director do Festival Sinsal, e unha artista ben coñecida como Guadi Galego. Conducidas pola guionista e periodistas Diana López Varela, centraranse na visibilidade e protagonismo da muller no sector. A seguir, e enmarcada na liña de traballo de apoio á creación musical de mulleres que desenvolve a Deputación da Coruña, esta xornada servirá de foro de presentación da proposta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e de Mulleres na Industria da Música (MIM) dirixida a empresas e institucións: Cara as lentes lilás na música. Un conxunto de medidas que contribúan a rematar coa fenda de xénero na produción de proxectos musicais, lanzadas desde o ámbito profesional na procura do compromiso efectivo daquelas entidades que producen, financian e programan música.

 

O programa

Sesión mañá 

Hall do Teatro Colón
11.h. Acto apertura. 

11:30. Killing me softly (Matándome suavemente)

Mesa redonda con:
Lorena López Cobas (profesora e investigadora da USC, autora Historia da Música en Galicia),
Julio Gómez (codirector Festival Sinsal Son Estrella Galicia)
Guadi Galego (Artista).
Presenta e modera: Diana López Varela (Periodista e autora de No es país para coños)

12:30. AGPXC e Mujeres en la Industria de la Música (MIM): Cara ás lentes violetas na música.

13:00: Vivir na Coruña. Directo con Mounqup.

Sesión tarde

Sala Teatro Colón
17h. Moita pista por gastar. Encontro aberto con Ses.
Presenta e pregunta:Teresa Cuíñas (xornalista)
 
18: 15.Cando a vida che dá un martelo
Experiencias, con:
Tamara Rodriguez (Mujeres en la Industria de la Música MIM).
Cecilia Carballido (Produtora)
Yolanda Villa (xerente Sala de Concertos Mardi Grass)
Mar Catarina (responsable do selo Prenom)
MJ Pérez (Cantante e guitarrista)
Presenta e guía: Marta García Márquez (Xornalista de El Ideal Gallego)

20:30 h. Jazz: estéreo-tipas. Naima Acuña Trío en concerto
Naima Acuña (batería)
Paco Charlín (contrabaixo)
Xan Campos (piano).

21:30. Ábrese o pano...e aparece a DJ! Con Cora Novoa DJ Set
 

Lentes lilás na música, o sábado 19 de maio no Teatro Colón