Cantigas tradicionais, xogos populares e videoclips, para divulgar a tradición oral

Goretti Sanmartín, coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na reedición de 'Pelo gato 24'
Goretti Sanmartín, con Oli Xiráldez e Gustavo Couto esta mañá.

Oli Xiráldez e Gustavo Couto, membros da xunta directiva da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, acompañaron a Goretti Sanmartín na presentación da reedición de 'Pelo gato 24'. 
 

Cantigas tradicionais, xogos populares e videoclips, para divulgar a tradición oral

A Deputación da Coruña e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s elixiron a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela para presentar a reedición de Pelo gato 24. Un traballo en formato libro-cd-dvd que recolle unha escolma de cantigas tradicionais, xogos populares e videoclips, para dar a coñecer e divulgar entre o público infantil algunhas das cancións máis representativas da tradición oral galega.

 

Son catorce temas dun éxitoso traballo que fora editado ano 2007 e que volta a ver a luz este ano grazas ao apoio da área de Cultura da Deputación. A vicepresidenta e responsábel das áreas de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, subliñou esta maña que "xogar e cantar en galego desde as primeiras idades é fundamental para a normalización da nosa cultura e lingua" e engadiu que proxectos como este contribúen "a facer sentirse ás crianzas herdeiras dun tesouro que se transmite de xeración en xeración mais que precisa ser agarimado e coidado para que non esmoreza".

 

Pola súa parte, Oli Xiráldez apuntou que a xénese deste traballo partíu dun congreso de ensinantes de música onde "os mestres demandaban un produto co que poder trasmitirlle ás persoas máis novas a nosa tradición". Mentres Gustavo Couto avanzou que para esta reedición lanzaranse 2.000 novos exemplares, unha tirada que desde a vindeira semana xa estará a venda en librarías.

Cantigas tradicionais, xogos populares e videoclips, para divulgar a tradición oral