ButacaZero levará á escena a obra de Ernesto Is sobre María Casares

Ernesto Is, Sanmartín e Carrodeguas, este xoves na presentación no Colón.
Ernesto Is, Sanmartín e Carrodeguas, este xoves na presentación no Colón.

A Deputación da Coruña financia a produción e posta en escena da obra gañadora do Premio Rafael Dieste.

ButacaZero levará á escena a obra de Ernesto Is sobre María Casares

A autora e directora Esther F. Carrodeguas é a encargada da produción do espectáculo a través da súa plataforma ButacaZero. Despois das ondas, de Ernesto Is, a obra que xira arredor da vida de María Casares, chegará antes do verán aos escenarios.

 

Ademais de Esther  F. Carrodeguas como produtora, o equipo estará composto por Xavier Castiñeira Blanco como director e o propio autor, Ernesto Is, en calidade de axudante de dirección e responsable da dramaturxia En escena estarán Belén Constenla e Nerea Brei, encarnando a María Casares nas diferentes etapas da vida da aclamada actriz, e Sonsoles Cordón que interpretará diferentes personaxes que acompañaron a vida de Casares, ademais de, en tanto que performer, asumir partes de danza.