Botarémoste de menos, Ánxela 

Ánxela Franco.
Ánxela Franco.

No tempo compartido, soubemos da súa forza, da súa enerxía. do seu compromiso con Galiza, da súa intensa implicación na militancia nacionalista. Vivimos a súa empatía coas persoas que atravesan situacións difíciles, as máis desprotexidas.  Pensaba que as institucións tiñan que responder as súas necesidades, afortalar as áreas que se dirixían a coidar as persoas, a apoialas nos momentos máis difíciles. Ánxela representaba a posibilidade de humanizar as institucións, facelas próximas, dotalas de sentimentos. A Ánxela Franco era difícil parala. Por momentos, parecía un furacán que era quen de  facer fronte ao que fixese falta para defender o que ela consideraba xusto. Coa verdade sempre por diante e unha sinceridade inusual, chamándolle ás cousas polo seu nome.  
Desde o BNG da Deputación queremos recoñecer o intenso labor que desenvolveu nas áreas de Igualdade e Servizos Sociais, polas que sempre pelexaba e nas que confiaba para contribuír a construír un mundo mellor. 
As persoas que tivemos a sorte de coñecela e querela estamos desoladas ante a súa perda. Ficará sempre na nosa memoria e nos nosos corazóns. 

Botarémoste de menos, Ánxela 

Que a terra che sexa leve, a túa memoria ficará connosco

Botarémoste de menos, Ánxela