Apoio para programas de conciliación, formación, sensibilización e educación pola igualdade

Ánxela Franco.
Ánxela Franco.

A Deputación apoia con 275.000 euros iniciativas para a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

Apoio para programas de conciliación, formación, sensibilización e educación pola igualdade

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte a listaxe provisional das entidades sen fin de lucro que serán beneficiarias da liña de subvención artellada pola institución para o mantemento de políticas de igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A Deputación apoiará o traballo de 31 entidades da provincia cun orzamento de 275.556 euros.

 

Ánxela Franco, responsábel da área de Benestar Social, Educación e Igualdade, sinalou que as axudas permitirán mellorar a empregabilidade, favorecer a conciliación familiar, fomentar  a responsibilidade compartida, e mesmo o empoderamento das mulleres na sociedade, segundo as liñas de traballo propostas polas asociacións. As subvencións permitirán ademais impulsar programas e actividades que promovan a igualdade de xénero e incidan na erradicación da violencia machista.