En apoio do Comité Cidadán Anti-Sida

Ánxela Franco, coa presidenta do Comité Cidadá Anti-Sida da Coruña.
Ánxela Franco, coa presidenta do Comité Cidadá Anti-Sida da Coruña.

A deputada de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña, Ánxela Franco,e a presidenta do Comité Cidadá Anti-Sida da Coruña, Celsa Díaz Cabanela, asinaron o convenio de colaboración para o financiamento da rede de pisos de acollida e atención de persoas seropositivas en situación de exclusión social.

En apoio do Comité Cidadán Anti-Sida

A Deputación da Coruña, a través da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade, que dirixe a deputada Ánxela Franco, colabora co Comité Cidadán Anti-Sida da Coruña no mantemento de dous pisos de acollida para atender a persoas seropositivas en situación de exclusión social. A Deputación achega mediante un convenio 60.000 euros ao financiamento do programa.

 

Por medio deste acordo, a Deputación da Coruña achega o 26,69% do financiamento total, para manter os dous pisos de acollida que a entidade ten abertos na Coruña. No orzamento do acordo contémplanse os gastos de persoal do piso de acollida e o piso de inserción que xestiona Casco, unha entidade que ten unha traxectoria de case trinta anos apoiando e ofrecendo recursos a persoas seropositivas. En especial, Casco atende a persoas maiores con VIH que no poden ingresar en residencias públicas, o que fai máis urxente a xestión destes equipamentos, mentres non se cambie a consideración da enfermidade.

 

"Desde a Deputación da Coruña queremos apoiar o labor da asociación Casco na loita contra a discriminación e a súa contribución á hora de apoiar a persoas seropositivas que precisan servizos e equipamentos como os que ofrece esta entidade", sinalou Ánxela Franco.