MEMORIA HISTÓRICA

Apoio á Marcha Cívica a Meirás do 10N

Goretti Sanmartín, antes do pleno do pasado venres.
Goretti Sanmartín, antes do pleno do pasado venres.

O sábado 10 de novembro, a partir das 12.00 h., sairá a 5ª Marcha Cívica pola Devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público do Monumento ás Vítimas da Represión Franquista, no paseo marítimo de Sada, cara o pazo de Meirás, onde ás 13.00 h. haberá unha Concentración pedindo a devolución do pazo. 

Apoio á Marcha Cívica a Meirás do 10N

Na sesión de outubro, o pleno da Deputación da Coruña aprobou, tamén cos votos de todos os grupos agás o PP,  apoiar a convocatoria da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da 5ª Marcha Cívica a Meirás que reivindicará  a devolución do pazo ao patrimonio público. A vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, destacou a coincidencia co "obxectivo trazado pola Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, impulsada desde a Deputación da Coruña, que está a traballar para poñer fin ao espolio herdado do ditador".

 

Durante a sesión plenaria, a vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Goretti Sanmartín, lembrou que a propia institución estivo "traballando nesta cuestión nos últimos anos, de maneira clara e conseguindo tamén unanimidades". Goretti animou a participar en todas aquelas iniciativas a prol "da devolución ao patrimonio público do Pazo de Meirás".

 

CARTEL 10N PAZO DE MEIRAS