COOPERATIVISMO

Ánxela Franco, con Ana Pontón e Avia Veira, en apoio da iniciativa de Mulleres Colleiteiras

Ánxela Franco, durante o encontro coas cooperativistas, xunto a Ana Pontón e Avia Veira.
Ánxela Franco, durante o encontro coas cooperativistas, xunto a Ana Pontón e Avia Veira.

A responsábel de Benestar Social e Igualdade coñeceu a cooperativa desenvolvida por Arquitectos Sen Fronteiras cun grupo de mulleres na Coruña

Ánxela Franco, con Ana Pontón e Avia Veira, en apoio da iniciativa de Mulleres Colleiteiras

Violeta e Soraya son as dúas últimas socias traballadoras en facer parte da cooperativa Mulleres Colleiteiras, unha iniciativa de Arquitectos Sen Fronteiras durante o seu traballo co colectivo cigano na Coruña que deu como froito esta empresa de recollida de aceite domético que é moito máis ca unha compañía de servizos. Para empezar, está formada só por mulleres, e ademais da súa ocupación cotiá, as traballadoras ofrecen charlas divulgativas sobre a reciclaxe e manteñen na rede unha web de información sobre estas cuestións.

 

A cooperativa, nacida en 2013, vén de cumprir cinco anos e de incorporar as súas dous últimas socias, mulleres mozas que topan unha solución para o emprego ao acubillo da economía social. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto coa deputada provincial Ánxela Franco, responsábel de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación, e a concelleira Avia Veira, visitou onte a sede de Mulleres Colleiteiras no Polígono de Iñás.

 

Na visita, as cooperativistas, acompañadas por un membro de Arquitectos Sen Fronteiras, explicaron ás representantes nacionalistas o funcionamento da empresa e os valores medioambientais do seu traballo, así como as posibilidades de topar na fórmula cooperativa elementos de empoderamento de colectivos marxinados.

comentarios