TURISMO

Alumnas do Eusebio da Guarda da Coruña gañan o Concurso de Turismo Escolar

Carmen, Sara e Claudia cos seus debuxos.
Carmen, Sara e Claudia cos seus debuxos.

Carmen Díz-Lois Quintero, Sara Blanco González e Claudia Vilá Veiga son as tres gañadoras da primeira edición do Concurso de Turismo Escolar da Deputación da Coruña.

 

Alumnas do Eusebio da Guarda da Coruña gañan o Concurso de Turismo Escolar

O xurado destacou do debuxo de Carmen Díz-Lois, o gañador co primeiro posto, o se tratar dunha "representación real da visita de turismo escolar aos recursos provinciais, cunha linguaxe expresionista e contemporánea, ben proporcionada a estrutura, creativa e alegre". Os debuxos gañadores recollían imaxes da súa visita á granxa de Aldea Nova, en Narón, dentro do programa de Turismo Escolar da Deputación da Coruña. 

 

O programa de Turismo Infantil da Deputación da Coruña está dirixido a escolares de entre 4 e 16 anos. Na iniciativa ofértanse cinco rutas para coñecer o patrimonio ao vivo, da pegada romana no Mandeo ás testemuñas de pedra no Castelo de Vimianzo, pasando polo achegamento á tradición da olería en Buño.

 

"Buscamos incentivar o coñecemento do patrimonio artístico, histórico e natural por parte do alumnado dos centros de ensino e, pola outra, que ese "turismo" sexa participante, é dicir, provocar que as visitas deixen pegada, como os debuxos de Carmen, Sara e Claudia que reciben os premios desta primeira edición do concurso", explicou o nacionalista Xosé Regueira, responsable de Turismo da Deputación, onte na entrega dos galardóns no salón de plenos da Deputación.