O Plan único contribúe á mellora da eficiencia enerxética en Narón

Xosé Regueira, coa alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar.
Xosé Regueira, coa alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar.

O deputado de Plans, Xosé Regueira; a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e mais o concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, presentaron hoxe dous novos proxectos de eficiencia enerxética no Alto do Castiñeiro e Freixeiro

O Plan único contribúe á mellora da eficiencia enerxética en Narón

A Deputación da Coruña achega 350.000 euros do orzamento total de 448.733 que o Concello de Narón destina a tres proxectos de eficiencia enerxética este ano. Ao xa aprobado para Xuvia súmanse agora os do Alto do Castiñeiro e Freixeiro que hoxe presentaron o deputado de Plans, Xosé Regueira; a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar. Regueira aproveitou a visita para anunciar o inicio da tramitación do orzamento para a rehabilitación do Muíño de Xuvia.

 

A nova actuación súmase á aprobada o ano anterior de 130.870,80 euros para a parroquia de Xuvia e sitúan ao Concello de Narón á cabeza do aforro enerxético e a sustentabilidade no seu alumeado.

 

A rehabilitación do Muíño de Xuvia, en tramitación

Xosé Regueira aproveitou a súa visita a Narón para anunciar que xa se iniciou a tramitación do expediente de rehabilitación do Muíño de Xuvia para o que a Deputación da Coruña destinará arredor de medio millón de euros. O muiño é un dos elementos patrimoniais máis importantes do concello de Narón e expoñente da súa historia industrial nos séculos XVIII e XIX. 

O Plan único contribúe á mellora da eficiencia enerxética en Narón